Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela acolle as II Xornadas de Frauta de Galicia

compostela ii xornadas frauta 2 xullo 2025 (2)

O programa desenvolverase entre os días 6 e 13 de xullo e incluirá un concurso de novos talentos, masterclasses, cursos, obradoiros, charlas e concertos de cámara

Chega a Compostela a segunda edición das Xornadas de Frauta de Galicia, un evento que o ano pasado tivo unha excelente acollida e que se suma ao programa cultural da cidade en este mes de xullo.

As II Xornadas de Frauta de Galicia traerán á capital galega a máis dun cento de instrumentistas internacionais. A iniciativa desenvolverase entre os vindeiros 6 e 13 de xullo e “están pensadas para frautistas de todas as idades e niveis, porque cremos profundamente que a música é unha ponte que nos conecta a todos, independentemente da experiencia ou a idade”, indican desde a organización.

Este proxecto naceu do afán dun grupo de instrumentistas nados en Galicia, que iniciaron aquí a súa formación musical, e que toman Santiago de Compostela como referente para este encontro de frautistas de distintos países. Grazas a isto a capital galega encherase das notas de máis de cen profesionais de referencia internacional.

O programa de actividades consta de cinco seccións: Concurso de Frauta -dirixido a novas promesas menores de idade-, masterclasses, cursos, concertos abertos ao público e que se desenvolverán entre os días 7 e 13 de xullo en localizacións estratéxicas da cidade, e actividades complementarias como ensembles de frauta, charlas e obradoiros prácticos.

Este evento serve tamén para que aqueles artistas que estean a traballar noutras formacións no estranxeiro, regresen á terra na que iniciaron a súa andaina profesional, transmitindo os seus coñecemento a un alumnado cuxas idades varían entre os 9 e os 66 anos. “Desenvolveremos sesións formativas dirixidas a un público interxeracional, algo que nos parece moi enriquecedor, xa que o achegamento á música se pode facer a calquera idade”, indican desde a organización das II Xornadas de Frauta de Galicia.

Artistas participantes

As II Xornadas de Frauta de Galicia contarán con recoñecidos profesionais internacionais. Así, o xurado do Concurso de Frauta está composto por Iago Lariño, Jimena Vicente, Saleta Suárez, Julia Estévez, Silvia Padín e César Concheiro.

Os cursos serán impartidos por Paula Padín, André Cebrián e Diego Aceña, mentres que as masterclasses contarán con instrumentistas, que traballan en formacións musiciais de prestixio internacional chegados de países como Alemaña, Italia, Francia, Venezuela ou Estados Unidos.

Estes son Ruth Pereira, Erika Macalli, Silvia Rozas, Christina Castellanos, Néstor Sutil, Claudia Walker, Joan Ibáñez, Laurent Blaiteau, Luis Soto, Iago Lariño, Carmen Ferreiro e Xavier Lozano.

No caso dos concertos, que se desenvolverán entre os días 7 e 13 de xullo, participarán Ruth Pereira, Erika Macalli, Christina Castellanos, Laurent Blaiteau, Néstor Sutil, Diego Aceña, André Cebrián, Bleuenn Le Friec, Susy Riminucci, Esteban Domínguez, Xavier Lozano, Claudia Walker, Joan Ibáñez, Gabriel López, Luis Soto, Nikolay Velikov, Ioana Ciobotaru, Álvaro Quintanilla, Diego Aceña e Paula Padín. O prezo das entradas para os concertos é de 10 euros, a excepción do inaugural, que acollerá o Auditorio de Galicia o día 7 de xullo e que será de balde. Pódense adquirir a través da web das xornadas (https://www.frautagalicia.com/conciertos) ou en taquilla media hora antes da actuación.

Colaboradores

As II Xornadas de Frauta de Galicia contan coa colaboración do Concello de Santiago, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago, Federación de Bandas de Música de Galicia, Asociación de Flautistas de España, ⁠Consulado de España en Edimburgo, Banda Municipal da Coruña e Orquestra GAOS.

Tamén colaboraron no desenvolvemento das xornadas o Hotel AC Palacio del Carmen. Hostal dos Reis Católicos e a  Escola de Música Berenguela, así como os establecementos Musical Pontevedra, Ópera Prima, Piccolo Music Store, Naima Music e Pere Alcón Flutes.

Pódese consultar toda a información sobre a programación, concertos e artistas participantes na web do evento, https://www.frautagalicia.com.

Post navigation

Previous: Adíanse as “Noites en Vela” da Ponte Maceira para o 30 de agosto
Next: A Rúa García Lorca de Compostela será reurbanizada despois de anos de espera

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.