займ срочно

Dodro rematará este ano con 4.000 quilos de alimentos repartidos

0

Bisbarra, 15 de decembro do 2022 – O concello de Dodro, por medio do departamento de Servizos Sociais, reparte este ano cerca de 4.000 quilos de alimentos entres as familias máis vulnerables.

O concelleiro da área, o nacionalista Xoán Bautista Mariño, informa que grazas á colaboración do Banco de Alimentos Rías Altas e a deputación da Coruña con cargo ao POS Social 2022,  puido atender ás 15 familias que reunían as condicións do programa de alimentos cando se deron de alta nas dependencias municipais. Grazas tamén ao persoal municipal implicado xestionáronse rápido as distintas entregas neste ano especialmente complicado.

Xoán Bautista Mariño explica tamén que non aumentou o número de familias do programa ata o de agora. Os servizos municipais comezaron xa o reparto nesta mesma semana e esperan concluír en breve esta última edición do ano.

O concelleiro continúa  traballando de cara ao novo exercicio para ver tamén de mellorar esta e outras iniciativas dependentes da área de Benestar. Recorda que para formar parte deste ou doutros programas dependentes de Servizos Sociais e Benestar, poden informarse ao longo de todo o ano, con cita previa, no número de teléfono 981 80 24 66.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies