Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

O 15 de decembro celebrarase o mercado de Nadal da Baña

a-banha-mercadillo-nadal-slide-28-novembro-2024_r

Bisbarra, 28 de novembro do 2024 – O domingo 15 de decembro, o pavillón municipal de San Vicenzo converterase no escenario da novena edición do Mercadiño de Nadal da Baña.

Trátase dunha cita consolidada no calendario local e que cada ano atrae visitantes de toda a bisbarra. Abrirase ás doce do mediodía e durará ata as oito da tarde. A Baña ofrecerá unha xornada chea de artesanía, música e actividades pensadas para toda a familia, cunha especial atención á cativada.

O evento contará cun amplo programa comezará ás 12.30 horas coa actuación de CantoEncanto, un conxunto de música tradicional local. Creado no 2023, defínense como “un grupo de amigos que se xuntan nas foliadas para cantar e bailar”.

Ás 13.00 horas, serán os gaiteiros da Escola de Música Tradicional da Baña quen continúen coa festa. Xa pola tarde, ás 16.00 horas, as pandeireteiras da mesma escola tomarán o relevo, reafirmando o compromiso co talento local e a preservación da cultura galega. A programación inclúe tamén unha dose de maxia e fantasía co espectáculo do Mago Paco, especializado en entretemento infantil, que terá lugar ás 17.00 horas.

Apalpador e Papa Noel

A gran novidade deste ano será a presenza conxunta, por primeira vez, de dúas figuras imprescindibles do Nadal en Galicia: o Apalpador e Papá Noel, que chegarán ás 18.00 horas para espertar a ilusión de nenas e nenos.

Ademais das actividades, o mercadiño ofrecerá unha coidada selección de postos con produtos de artesanía e delicias gastronómicas, permitíndolles ás persoas asistentes mercar agasallos únicos nun ambiente festivo e acolledor.

Como en anos anteriores, habilitarase un posto de empaquetado solidario, no que quen merque no Mercadiño poderá preparar os seus agasallos ao tempo que colabora cunha causa solidaria.

A organización desta novena edición, a cargo do Concello da Baña e coa colaboración da Deputación da Coruña, busca reafirmar o Mercadiño como un evento de referencia na comarca. O pavillón de San Vicenzo converterase, un ano máis, nun punto de encontro para celebrar o Nadal en comunidade, promovendo a música, a tradición e a convivencia.

Post navigation

Previous: II Torneo de Xadrez ‘Rosalía de Castro’ en Padrón
Next: Compostela acende o alumeado de Nadal este venres

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.