Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña homenaxea a Elena López no 8M

a banha 8 m SLIDE 7 marzo 2025

Elena López será nomeada a primeira embaixadora da Festa da Filloa da Pedra

A Baña organizou un completo programa de actividades para conmemorar o 8M que comezan hoxe venres coa homenaxe a Elena López. Unha muller comprometida coa cultura, filloeira e desde esta tarde a primeira Embaixadora da Filloa da Pedra da Baña.

A cita está prevista para as sete e cuarto na Escola de Musica Emilio Andujar. A continuación da homenaxe a Elena, sobre as 20:30, terá lugar o concerto de Rilo e Penadique co seu espectáculo As do mare. Esta peza é un tributo ás mulleres do mar nas historias de 𝐴 𝑀𝑎𝑟𝑢𝑥𝑎𝑖𝑛𝑎, 𝐴 𝑝𝑒𝑑𝑟𝑎 𝑑𝑜 𝑐𝑢 𝑑𝑎 𝑟𝑎𝑖́𝑛̃𝑎 ou 𝑂𝑠 𝑐𝑎𝑛𝑡𝑜𝑠 𝑑𝑎𝑠 𝑐𝑜𝑛𝑠𝑒𝑟𝑣𝑒𝑖𝑟𝑎𝑠.

O domingo 9 de marzo, o Auditorio da Casa da Cultura será o escenario da presentación do libro O Clamor das Virxes, de Marga Cancela, a partir das 11:30 horas. Nesta cita literaria, a autora estará acompañada por Rebeca Liñares, letrada da Administración de Xustiza, e por Mónica González, concelleira de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía.

O Clamor das Virxes é unha novela inspirada en feitos reais que aborda a loita e resistencia dun grupo de mulleres que sufriron abusos na Galicia rural do século XX.

A programación continuará o venres 28 de marzo cun Faladoiro sobre xénero e saúde mental no Auditorio da Casa da Cultura, ás 19:00 horas, coa participación de Antía Yáñez (escritora e dinamizadora cultural), Iria Veiga (médica psiquiatra e divulgadora científica) e Claudia Morán (xornalista e integrante de Xornalistas Galegas), tres expertas de ámbitos complementarios para debater sobre a importancia dunha perspectiva de xénero no tratamento da saúde mental e na súa representación cultural.

Por último, o sábado 29 de marzo, o Concello organizará unha saída ao Centro Dramático Galego para asistir á representación da obra A burra, a mesa e o pau. O autobús partirá ás 16:15 horas da Praza do Concello e as entradas terán un custo de 5 euros.

A directora, Lorena Conde, dirixe a quince protagonistas que dan vida a persoas no límite da pobreza que ven no azar a vía de escape para evadirse dos seus problemas. A función terá lugar no Salón Teatro de Santiago ás 18:00 horas. As prazas son limitadas, polo que as persoas que desexen participar pode inscribirse tanto en persoa, na Oficina de Cultura, como por teléfono, no 981 88 65 01.

Desde o Concello da Baña animan a toda a veciñanza a participar nestas actividades culturais e a desfrutar dunha programación variada e enriquecedora para todos os públicos.

Post navigation

Previous: Melide conmemora o 8M
Next: Denuncian á Xunta pola falta de protección sobre os espazos verdes onde se instalaría Altri

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.