Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Noia

Festa do Sancosmeiro 2026

Cartel do Sancosmeiro 2026

Noia, 26/05/2026 – A concelleira de Cultura de Noia, Chelo Martínez, acompañou á asociación Pon un Sancosmeiro na presentación oficial do cartel e da nova edición da Festa do Sancosmeiro, que se celebrará o vindeiro 27 de xuño de 2026 en Noia.

No acto participaron tamén Paula Enríquez, presidenta da nova directiva da asociación; Esperanza Mara, Juan Parga, Ricardo de Barreiro, creador do novo logo da entidade, e Guille Outes, encargado do deseño do cartel desta edición.

Durante a súa intervención, Chelo Martínez puxo en valor a renovación da directiva da asociación e destacou a implicación do Concello de Noia no impulso desta celebración tradicional. A edil asegurou que “o Concello está a colaborar de forma activa coa asociación” e salientou “o orgullo de ver como a cidadanía se implica na promoción da cultura popular e das tradicións propias”.

Pola súa banda, Paula Enríquez destacou o traballo que a asociación está a desenvolver ao longo de todo o ano para consolidar e ampliar a festa do Sancosmeiro. A presidenta explicou que a entidade organiza de maneira periódica obradoiros, foliadas e distintas actividades culturais para manter viva a tradición, formar comunidade e preparar a celebración do 27 de xuño.

Enríquez incidiu tamén na vontade da nova directiva de converter a festa nun punto de encontro para toda a comarca. “Queremos que Pon un Sancosmeiro siga medrando e que a xente o sinta como unha celebración compartida”, afirmou.

O actor e colaborador da asociación, Ricardo de Barreiro, explicou o proceso creativo do novo logo da entidade, unha imaxe coa que se busca “arrancar con forza esta nova etapa” da asociación. Segundo detallou, o deseño representa “os dous lazos negros do Sancosmeiro danzando, coroados por unha monteira e un pano”, nunha clara referencia aos elementos máis recoñecibles desta tradición.

Finalmente, Guille Outes explicou que o cartel desta edición “agocha unha das grandes sorpresas” da festa. O deseño está inspirado nunha canción composta por Juan Parga que será presentada o propio día 27 de xuño e que reivindica o papel do Sancosmeiro como símbolo de unión para toda a comarca.

“O cartel nace desa idea de unión entre a xente e entre os pobos”, sinalou Guille Outes, lembrando ademais un dos versos da composición: “Estes son os sancosmeiros, de Vimianzo ata San Cosme e de Noia ao mundo enteiro”.

Post navigation

Previous: Dodro presenta o libro gañador do  XXXVIII Premio De Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Next: A Santa Minia de Brión declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.