Boqueixón, 21 de febreiro do 2020 – A Asociación Cultural da Filloa, o Concello de Boqueixón e o centrocomercial El Corte Inglés de Santiago presentaron a acción de promoción da Festa da Filloa de Lestedo.
A cafetería do centro comercial contará durante dez días, ata o 29 de febreiro, cunha filloeira elaborando en directo o produto como xeito de promoción da Festa da Filloa. Con este son sete anos xa os que se levan celebrando estas xornadas de promoción en Compostela.
O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, destacou a implicación do Centro Comercial na promoción da Festa “Poñer en valor a filloa tradicional de Lestedo é un dos obxectivos do equipo de goberno, e con colaboradores como este é moito máis doado, polo que quero reiterar un ano máis o meu agradecemento polo seu apoio”.