Bisbarra, 7 de xuño do 2024 – O Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizarán este verán visitas guiadas á cova do Pico Sacro.

A presentación desta iniciativa terá lugar este sábado 8 de xuño, ás 12:00 horas, no propio Pico Sacro, aínda que en este caso dirixida aos medios de comunicación. Os xornalistas poderán facer un percorrido entre as dúas covas: a cova da rúa da Raíña e a cova dos Mouros.
Á presentación asistirán o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Gonzalo Villarmea.
Visita xeolóxica
Si o sábado inaugúranse as baixadas a cova do Pico Sacro, o domingo comeza a programación do ciclo “Un mes e Pico” cunha visita xeolóxica ao monte Ilicino guiada por especialistas Geotur Galicia.

“Viaxe á orixe do Pico Sacro” será un paseo pola orixe, a evolución e os elementos máis característicos da complexa historia xeolóxica e xeográfica do monte ilicino. O punto de encontro será o aparcadoiro do Pico Sacro, ás 11:00 horas.
Como todas as actividades deste ciclo, a participación é totalmente de balde se ben o número de prazas é limitado, polo que será precisa inscrición previa no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.