Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Vedra
  • Xeral

Boqueixón e Vedra colaboran nas Correntes do Ulla

vedra-boqueixon-correntes-do-ulla-slide-29-maio-2024_r

Bisbarra, 30 de maio do 2024 – Os concellos de Boqueixón e Vedra poñen en marcha un amplo conxunto de propostas baixo a denominación de Correntes do Ulla.

Trátase dun programa de actividades de ocio e tempo libre en contacto coa natureza que se levará a cabo entre finais de xuño e comezos de agosto. As inscricións en Correntes do Ulla abrirase a partir do 5 de xuño nas páxinas webs dos dous concellos.

O acto de presentación tivo lugar no Couto de Ximonde (Vedra) e participaron o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, co seu concelleiro de Turismo, José Luis Mareque, o axente medioambiental, Manuel Rego e Ramiro Fernández do grupo de sendeirismo de Vedra.

As principais actividades que terán lugar en Correntes do Ulla e as datas nas que están previstas son as seguintes:

DESCENSO DO ULLA

• Data: 29 de xuño.

• Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledes­ma ata a Área de Recreo de Agronovo.

• Prezo: 25 € por persoa. (Inclúe Kaiak de 2 per­soas: chaleco salvavidas e seguro).

• Observacións: Poderán participar as persoas maiores de 13 anos con autorización.

• Prazas limitadas

ESCOLA DE PESCA

• Introdución ao mundo da pesca sostible e á con­cienciación coa natureza.

• Imparte: David Arcay (campión do mundo de pes­ca con mosca)

• Colabora: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

• Datas:

• 10 de xullo. Na Área de Recreo de Agronovo.

• 11 de xullo. Na Área de Recreo de Sucira.

• Prazas limitadas

CAMPO DE VOLUNTARIADO “UNINDO ROTEIROS”

• Recuperación medioambiental e etnográfica + dinamización sociocultural.

• Do 15 ao 26 de xullo

• Idades: de 18 a 30 anos

• Colabora: Dirección Xeral de Xuventude

GOZA DO ULLA (ROTEIRO DE PESCADORES)

• Data: 20 de xullo.

• Percorrido: Saída ás 10 horas do Campo do río de Ponte Ledes­ma de ata Codeso- San Paio

• Distancia: 9,6 km aprox.

• Dificultade: media-baixa

• Prazas limitadas

PASEO EN BICI POLO VAL DO ULLA (RIBADOULLA)

• Data: 28 de xullo.

• Percorrido: Saída ás 10 horas da Área de Recreo de Castiláns (xunto ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla), avituallamento en Ponte Ledesma, regreso ao punto de partida.

• Distancia: 30 km aprox.

• Dificultade: media

• Prazas limitadas

GOZA DO ULLA (DO COUTO DE XIMONDE A PONTEVEA)

• Data: 4 de agosto.

• Percorrido: Saída ás 10 horas do Couto de Ximonde ata a ponte medieval de Pontevea-Reis (Teo)

• Distancia: 10 km aprox.

• Dificultade: media

• Prazas limitadas

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

www.concellodevedra.gal

www.boqueixon.gal

Post navigation

Previous: Propoñen rematar a urbanización de distintas rúas en Compostela
Next: Cámara de Comercio, concello e empresariado impulsan unha comunidade enerxética en Noia

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.