Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

Piragüismo, sendeirismo e voluntariado nas Correntes do Ulla

BOQUEIXON VEDRA CORRENTES DO ULLA 28 MAIO 2025

Boqueixón e Vedra únense un ano máis na organización de este programa de actividades. Corrente do Ulla terá lugar do 28 de xuño ao 17 de agosto.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, presentaron o programa Correntes do Ulla, unha iniciativa conxunta que inclúe sete actividades co río Ulla como eixo central

Correntes do Ulla inclue na súa programación piragüismo, rutas de sendeirismo e un campamento de voluntariado. Toda a información e inscrición nas respectivas webs municipais: www.concellodevedra.gal e www.boqueixon.gal.

Carlos Martínez explica que “Boqueixón e Vedra volvemos ser unha vez máis exemplo de colaboración entre administracións. Neste caso compartimos un elemento fundamental como é o río Ulla e en torno a el imos desenvolver un amplo programa de actividades moi valoradas tanto pola nosa veciñanza como por todos os concellos da contorna, pois sempre contamos con moitos participantes de ambas beiras do río”.

Pola súa banda, Ovidio Rodeiro sinala que “este ano as grandes novidades serán unha ruta fotográfica ambiental pola contorna do Coto de Ximonde e, sobre todo, o campo internacional de voluntariado Monte Sacro que vai acondicionar unha senda pola ribeira do río Ulla que unirá  Vedra e Boqueixón co municipio de Teo e que porá en valor o patrimonio natural e cultural da área recreativa de San Paio, en Codeso”.

Programa

Correntes do Ulla dará comezo o sábado 28 de xuño coa única actividade de pago en toda a programación: Descenso do Ulla en piraguas. Un percorrido entre o Campo do Río de Ponteledesma ata a área de recreo de Agronovo. O número de prazas é limitado e as inscricións custan 30 euros por persoa, que inclúen: piragua para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro. Poderán participar tamén menores de idade, entre 13 e 18 anos, con autorización familiar.

Do 21 de xullo ao 1 de agosto terá lugar o Campo de voluntariado “Monte Sacro”, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Un campamento medioambiental e de social dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que traballarán no deseño e limpeza dunha senda que unirá os municipios de Vedra e Boqueixón co municipio limítrofe de Teo.

O obxectivo en este caso é crear unha ruta de gran percorrido na ribeira do río Ulla. Así mesmo, colocarán sinalización e porán en valor o patrimonio cultural e natural da área recreativa de San Paio (Codeso, Boqueixón). Finalmente, contémplase a realización dunha guía da flora e a fauna local. Inscricións en https://xuventude.xunta.gal/.

Finalmente, Correntes do Ulla convoca cinco rutas de sendeirismo gratuítas nos meses de xullo e agosto. Dúas delas están incluídas dentro do programa Goza do Ulla: Roteiro de Pescadores (sábado 5 de xullo) Pazo de Santa Cruz de Ribadulla – San Xoán da Cova (domingo 3 de agosto). Dúas rutas de dificultade media-baixa, de 9,1 km e 16 km de distancia.

O sábado 12 de xullo terá lugar unha da novidades deste ano: unha ruta fotográfica ambiental pola contorna do Coto de Ximonde (Vedra). Entre as 10:00 e as 13:00 horas, o fotógrafo Fernando Lueiro guiará ás persoas participantes na toma de imaxes da fauna e da flora local.

Para o mes de agosto quedan outras dúas rutas de sendeirismo, que teñen como eixo común dar a coñecer o patrimonio oculto. A primeira delas terá lugar en Vedra o sábado 9 de agosto pola contorna de San Xoán da Cova, Gundián e Ponte Ulla. A segunda terá lugar o domingo 17 de agosto en Boqueixón, pola contorna do Pico Sacro. En ambos os dous casos, o horario será de 10:30 a 13:30 horas e o número de prazas será limitado.

Correntes do Ulla é un programa organizado polos Concellos de Vedra e Boqueixón, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Máis información e inscricións: www.concellodevedra.gal e www.boqueixon.gal.  

Post navigation

Previous: 437 persoas teñen máis de 5 inmobles en Compostela
Next: Compostela busca a súa propia estratexia de mobilidade

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.