Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón dedica “Un mes e Pico” á xeoloxía e á astronomía

boqueixon-un-mes-e-pico-slide-29-maio-2024_r

Bisbarra, 31 de maio do 2024 – O programa de actividades arredor do Pico Sacro “Un mes e Pico”, que organiza o concello de Boqueixón, xirará en torno á xeoloxía e á astronomía.

Será a sexta edición de “Un mes e Pico” e contará un ano máis coa Colaboración da Xunta de Galicia. As actividades foron presentadas en Compostela polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que estiveron acompañados polo físico, profesor e divulgador científico Jorge Mira.

Ovidio Rodeiro salientou que “estes seis anos de actividades demostran que o Pico Sacro merece ser declarado Ben de Interese Cultural. Pola súa relación coa cultura Xacobea e a relixión, pola súa pegada na nosa literatura, polas súas características arqueolóxicas e polos seus atractivos para a espeleoloxía, como temos comprobado en anos anteriores”.

Programa do ciclo

A sexta edición do ciclo “Un Mes e Pico” contará con dúas visitas guiadas, unha observación astronómica dirixida por Jorge Mira, unha conferencia de Francisco Canosa e a tradicional cerimonia do lume sagrado que se desenvolverán ao longo do mes de xuño. Todas elas serán de participación de balde, se ben o número de prazas é limitado, polo que será precisa inscrición previa en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

A programación abrirase o domingo 9 de xuño cunha visita xeolóxica ao Pico Sacro guiada por especialistas Geotur Galicia. “Viaxe á orixe do Pico Sacro” será un paseo pola orixe, a evolución e os elementos máis característicos da complexa historia xeolóxica e xeográfica do monte ilicino. O punto de encontro será o aparcadoiro do Pico Sacro, ás 11:00 horas.

O venres 14 de xuño, ás 19:00 horas, a Capela de San Sebastián do Pico Sacro acollerá a conferencia “O Pico Sacro visto con ollos xeolóxicos”, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo e actual director científico do Xeoparque Cabo Ortegal, recoñecido como Xeoparque Mundial da Unesco. O propio Francisco Canosa será o guía da segunda visita ao Pico Sacro, “Un paseo xeolóxico pola contorna do Pico Sacro”, que terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 17:00 horas. O punto de encontro será o aparcamento do Pico Sacro.

Cerimonia do lume sagrado

O domingo 18 de xuño, ás 13:00 horas, terá lugar a Cerimonia do Lume Sagrado, unha celebración celta encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros na festa do solsticio de verán a través da obtención do lume sagrado directamente do Sol. Un lume que quedará custodiado ata o día de San Xoán. O acto contará coa colaboración da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) e coa actuación do grupo de música tradicional Son de Gaita. Ademais, todas as persoas que queiran recoller o lume sagrado para prender as súas fogueiras da noite de San Xoán, poderán levar unha candea do Pico Sacro o 23 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.

Finalmente, o venres 21 de xuño, ás 23:00 horas, terá lugar “A noite de solsticio dende a tumba do dragón”, unha observación astronómica da man de Jorge Mira. Unha iniciativa que aproveitará a noite máis curta do ano, pois so dura oito horas e media á latitude de Boqueixón, das que so catro horas son de noite pechada. Unha noite que a humanidade sempre considerou como un momento máxico, como se fará nesta observación astronómica no Pico Sacro. O punto de encontro será novamente o aparcadoiro do monte ilicino.

Post navigation

Previous: Brión aproba uns orzamentos consensuados coa oposición
Next: Acordo relativo sobre Alba de Compostela no pleno de Santiago

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.