Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón inviste máis de medio millón de euros en sendas peonís e reurbanizacións

deputacion-sendas-boqueixon-slide-11-novembro-2020_r

O investimento destínase a tres novas sendas e a mellora do entorno do centro de saúde, o CPI Antonio Orza e distintos equipamentos deportivos.

Boqueixón inicia as obras de construción de 3 sendas peonís e a reordenación do estacionamento e reurbanización de espazos na contorna do centro de saúde e dos centros escolares do Forte.

O investimento en estas actuacións alcanza un total de 523.733 euros. O principal obxectivo e crear un entorno accesible e seguro nun dos espazos neurálxicos do concello.

Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón, explica que “se trata dun proxecto fundamental para fomentar a mobilidade sostible por medio dunha primeira e crear unha contorna segura nunha das zonas máis transitadas do municipio; estamos falando dun espazo no que están o centro de saúde, os dous edificios do CPI Antonio Orza Couto e varios equipamentos deportivos como son o polideportivo, o campo de fútbol, a piscina ou o ximnasio”.

A segunda senda medirá 918 metros e comunicará o centro médico do Forte co campo da festa da parroquia. Finalmente, a terceira Senda terá 639 metros dende a estrada da Deputación (DP-1201) e A Eirexe, un traxecto que discorre por diante da Igrexa de San Vicente de Boqueixón, o seu camposanto, e vivendas unifamiliares.

As tres sendas terán un ancho medio de 1,8 metros. Executaranse preferentemente en formigón e en cor terrizo, elevada en 5 centímetros sobre a rasante da estrada. A única excepción será no paso polo núcleo de A Eirexe, no que debido á densidade das edificacións no centro do núcleo rural, disporase un tramo de plataforma compartida en formigón.

Ademais da construción das tres sendas peonís, o Concello de Boqueixón aproveitará para adaptar a rede de drenaxe á nova sección transversal das vías e repoñer o pavimento nos cruces.

Estas obras están incluídas no programa DUS 5.000 do Concello de Boqueixón, que permitirá a creación de 10,49 quilómetros de sendas peonís en distintos puntos do Concello a través dun investimento total de 2,44 millóns de euros. Nestes momentos, o Concello de Boqueixón está actuando en ata catro sendas máis noutros puntos do municipio: Castro-Devesa (Oural), Picota-Cusanca (Lestedo), Vigo-Lamas e Ponte Ledesma-Noente, unha das máis avanzadas.

Post navigation

Previous: Comezan as Festas do Apóstolo
Next: Apóstolo, o Santiaguiño e tamén Ames en Festas

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.