Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón mellora o saneamento en oito núcleos de poboación

A primeira das actuación de Boqueixón xa comezou a desenvolverse en Xiadás (Gastrar).

Imaxe dos traballos en Boqueixón

Boqueixón, 20/04/2026 –  O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora e ampliación da rede de saneamento municipal no núcleo de Xiadás (Gastrar). A intención é instalar unha nova canalización de 313 metros de tubaxe e a execución de 8 pozos de rexistro e 11 arquetas para conexións.

A maiores, o proxecto de Boqueixón inclúe a construción dunha pequena estación depuradora composta dunha arqueta con reixa de desbaste, fosa con decantador-dixestor e filtro biolóxico, arqueta de inspección e toma de mostras e un pozo filtrante con recheo de grava ao seu arredor.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, explica que “continuamos ampliando e mellorando a nosa rede municipal de saneamento. Por unha banda temos que dicir que as obras da aldea de Zaramacedo, na parroquia de Lamas, avanzan a moi bo ritmo e esta semana comezamos coas obras de saneamento na aldea de Xiadás, en Gastrar.”

Inversión de 400.000 euros

As actuacións en Xiadás e Zaramacedo son as primeiras do proxecto de mellora e ampliación da rede de saneamento en oito núcleos de poboación, adxudicada á empresa Hordescon SL por algo máis de 400.000 euros. Unha actuación que permitirá ampliar en 2.981 metros a rede actual de saneamento municipal coa construción de 71 novos pozos de rexistro, 34 arquetas e 4 pequenas depuradoras. As obras acométense con cargo ao POS+ Adicional 2/2024.

Ademais destas obras en Xiadás e Zaramacedo, está previsto prolongar en case 400 metros a rede de saneamento en Ardilleiro Pequeno, con 13 pozos de rexistro, 8 arquetas e unha pequena depuradora con capacidade para dar servizo a 15 casas. En Eirexe e Agra canalizaranse outros 910 metros de tubaxe e instalarase unha pequena depuradora para dar servizo a 10 vivendas. Do mesmo xeito, instalaranse outros 285 metros de tubería en Frenza.

No núcleo do Casal preténdese canalizar 399 metros de tubería de saneamento, cunha estación apta para depurar a carga de 25 habitantes; mentres que en Villalapaz canalizaranse 365 metros de tubaxe de saneamento e instalarase un pozo de bombeo.

Post navigation

Previous: Teo celebra o 180 aniversario da Batalla de Cacheiras
Next: PequeRachada na Baña

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.