Boqueixón, 14 de xuño do 2017 – O concello de Boqueixón organiza este sábado a sétima edición da Ruta do Colesterol, unha esixente proba de fondo de 50 km que este ano pasa na súa maioría por un novo trazado.
A VII Ruta do Colesterol discorre na súa maioría por camiños non asfaltados e trata de aproveitar ao máximo a orografía da zona polo que converteuse nunha referencia no circuito de andainas da comunidade.
A ruta comeza este sábado 17 de xuño en Camporrapado (Boqueixón) ás 9:00h. da mañá. Percorrerá sendeiros a carón das augas que bañan as terras do concello, as do río Ulla e o Deza, e coñeceránse a fondo os retrincos máis agochados de Boqueixón. Como novidade en esta edición haberá máis de 45 Km de sendas e camiños que non foron empregados até o de agora.
Castros, pontes romanas, árbores centenarias con milleiros de historias, montes encantados, vistas espectaculares de Compostela… pasando por zonas pertencentes a 6 concellos: Boqueixón, Touro, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada e Vedra.
Repetindo o sistema empregado na pasada edición, implantarase unha modalidade durante os primeiros 25 km na que os participantes poderán escoller si fan so 10, 18 ou os primeiros 25 kilómetros, cunhas marxes de tempo extra, de maneira que poidan disfrutar do percorrido sen as esixencias de tempo requiridas para o resto dos participantes.
Compre decir que manteranse abertos os controis e, polo tanto, terán dereito aos avituallamentos tradicionais durante eses primeiros 25 km. Tanto os participantes que abandonen por problemas físicos coma os que decidan facer un percorrido máis curto serán trasladados ó punto de inicio da proba polos vehículos da organización.
A proba será puntuable para o Campionato Galego de Andainas de 50km, por quinto ano consecutivo. Conta coa colaboración de voluntarios do concello e o patrocinio de Ramsa, Gadis e o propio concello.