Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Axenda
  • Xeral

Un ano máis Boqueixón recolle o Lume Sagrado

A cerimonia do Lume Sagrado celebrarase no Pico Sacro o vindeiro domingo día 21

Un momento da cerimonia do Lume agrado no Pico Sacro en Boqueixón

Boqueixón. 17/06/2026 – O Pico Sacro de Boqueixón acollerá este domingo 21 de xuño, ás 13:00 horas, a tradicional Cerimonia do Lume Sagrado. Unha celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda e que recuperará de forma simbólica a tradición de obter o “lume sagrado” directamente do Sol durante a festa do solsticio de verán.

Participarán os integrantes da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada), que recrearán un antigo ritual celta para darlle a benvida ao solsticio de verán. Caracterizados como a Raíña Alda e o seu séquito, recrearán a obtención do lume directamente do sol. Para iso, mentres a Raiña Alda le a “alegoría do lume purificador”, o seu Druída empregará unha lupa do seu bastón para que o sol faga arder unhas fibras naturais de palmeira seca e piñas nun pebeteiro.

Boqueixón ofrece a posibilidade de participar nesta cerimonia dun xeito máis directo: como integrante do séquito da raíña Alda, para o que emprestará os traxes de época a aquelas persoas que o desexen. Para iso, é preciso anotarse antes do venres 19 de xuño no Departamento Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

Finalmente, unha vez prendido o lume sagrado, todas as persoas que o desexen poderán recollelo para prender as súas fogueiras da noite de San Xoán. Para recoller ese lume é necesario levar unha candea ou un farol ao Pico Sacro.

Un momento no que o Lume Sagrado chegou a Compostela tras ser recollido no Pico Sacro

Post navigation

Previous: Problemas económicos no SAF de Santiago ?
Next: Preocupación pola interrupción do servizo da Telleira en Ames

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.