Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón presenta o programa da XLIII Festa da Filloa de Lestedo

boqueixon festa da filloa 29 xaneiro 2026 (1)

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, Juan Manuel Silva Hermida, presentaron no CIFP Compostela o programa da 43 edición da Festa da Filloa de Lestedo, cuxo día grande terá lugar o domingo 22 de febreiro.

Un acto no que estiveron acompañados polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González; o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles Remy; o deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Luís Penas Corral; o director do CIFP Compostela, Ramiro Esparís Sampedro; e a actriz e presentadora María Mera.

Programación

O programa de promoción da festa dará comezo o venres 13 de febreiro, co primeiro dos cinco showcookings programados este ano no Filloa Cooking, todos eles no local social de Lestedo, de balde e cun límite de 40 prazas cada un. Trátase cunha cata maridaxe de filloas con viños Ribeira da Ulla da DO Rías Baixas, impartido polo sumiller Nacho Costoya e o chef Roberto Filgueira ás 20:00 horas.

A segunda sesión terá como protagonista o Cocido de Lalín e será dirixida polo chef lalinense Álex Iglesias, do restaurante Cabanas, que elaborará receitas de aproveitamento das sobras do cocido con filloa de Lestedo. Será o domingo 15 de febreiro, ás 12:30 horas.

Un día despois, o luns 15 de febreiro ás 19:00 horas, Kike Piñeiro, chef de A horta do Obradoiro, encargarase doutra edición de “Lestedo sen glute”, no que participarán 30 persoas da Asociación Galega de Celíacos (ACEGA) e 10 persoas de público en xeral. Un showcooking que volve a celebrarse debido ao gran interese espertado nas dúas edicións anteriores.

O mércores 18 de febreiro será o momento dos máis pequenos cunha nova edición da Escola Filloeira, na que o chef Xosé Manuel Mallón e filloeiras de Lestedo encargarase de aprenderlles os valores culinarios deste produto aos nenos e nenas da localidade. A novidade deste ano é a realización de dúas quendas: unha para crianzas de 4 a 8 anos (de 16:00 a 17:30 horas) e outra para nenos e nenas de 9 a 16 anos (de 18:00 a 19:30 horas).

Finalmente, o xoves 19 de febreiro, nova sesión do “Filloa Accesible”, iniciativa que pretende achegar esta sobremesa a todos os públicos. Desta vez o colectivo convidado son as persoas asociadas á ONCE. A clase será impartida polo chef Xosé Manuel Mallón ás 12:00 horas e consistirá nunha cata sensorial de filloas de Lestedo con viños da DO Rías Baixas-Ribeira do Ulla.

Festa da Filloíña

O sábado 14 de febreiro terá lugar a cuarta edición da “Festa da Filloíña”, que dará comezo ás 16:30 horas no campo da feira de Lestedo coas actuacións dos grupos Os Campiños de Sarandón, As Travesas de Codeso, Pena Maior de Marrozos e os grupos Alborecer, Lucerniñas e Solleirada, da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. Ás 18:00 horas terá lugar o pregón infantil, a cargo de alumnos e alumnas do CPI Antonio Orza Couto. Quince minutos despois chegarán os  Atranques de Xeneraliños da Ulla, que rematarán cun concurso de disfraces infantil. E, a partir das 20:30 horas, gran concerto a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Un día despois, o domingo 15 de febreiro, ás 12:00 horas, outra novidade: a Feira da Filloa, con degustación de Filloas de Lestedo doces e salgadas, con e sen recheo. A animación musical no campo da festa correrá a cargo dos grupos Estralampo, Pirilampo e Solleirada, da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. E o sábado 21 d febreiro, cuarta edición do “Filloa Folk”, cunha programación aínda por pechar.

 Domingo de Piñata

O domingo 22 de febreiro a XLIII Festa da Filloa abrirá as súas portas ás 8:00 horas, co acendido das dúas máquinas filloeiras. A partir das 11:00 horas, actuación de grupos musicais da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio no campo da festa: Luz do Ilicinio, Raeira, Raiola, Ardora, Larada e Luceiro.

Ás 12:00 horas terá lugar o IX Gran Desfile Intermunicipal dos Xenerais da Ulla pola avenida do 26 ata o campo da festa. Ás 13:00 horas, terá lugar o pregón de Emilio José de la Iglesia Lema, veciño de Lestedo e director xeral do gabinete técnico da Presidencia da Xunta de Galicia. Un acto que será presentado pola actriz María Mera e no que tamén terá lugar a imposición dos Mandís de Honra 2026.

Ás 13:45 horas será o momento do Gran Alto dos Xenerais da Ulla que, mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor, falarán de política e temas de actualidade. De 14:30 a 18:00 horas, sesión vermú e tardeo a cargo do Grupo Ibiza e a Charanga BB+. Ás 14:30, Cocido da Filloa no pavillón de Lestedo e finalmente, a partir das 18:30 horas, gran verbena popular co grupo Origen e a orquestra París de Noia.

Intervencións

O alcalde de Boqueixón destacou todo o traballo realizado polos integrantes da Asociación Cultural da Filloa, persoal do Concello, entidades e empresas patrocinadoras na elaboración do programa desta edición.

Tamén tivo unha mención especial a José Manuel Canabal “por todos estes anos de traballo como presidente da Asociación Cultural da Filloa que culminaron coa consecución do recoñecemento como Festa de Interese Turístico Nacional”.

Ovidio Rodeiro puxo en valor Boqueixón como “municipio con numerosos atractivos culturais, gastronómicos e paisaxísticos. Co Pico Sacro como referente a todos os niveis: xeolóxico, espeleolóxico, relixioso e mesmo astronómico, agora que tan de actualidade está o tema do eclipse. Pero, ademais, Boqueixón conta con tres festas de Interese Turístico de Galicia: o Entroido de Sergude, as Carrozas do San Cidre e a Festa da Filloa, tamén de Interese Nacional. Poucos municipios hai xa non en Galicia senón en España que poidan presumir de algo semellante”.

Juan Manuel Silva sumouse tamén aos agradecementos a José Manuel Canabal, quen despois de moitos anos á fronte da Asociación da Cultural da Filloa decidiu dar un paso ao lado. Sobre o Día Grande da Filloa, o domingo 22 de febreiro, Silva Hermida agarda “que o tempo se porte moito mellor ca nestes días e poidamos desfrutar desta edición número corenta e tres”.

Destacou que a novena edición do Gran Desfile Intermunicipal dos Xenerais da Ulla contará coa participación de medio cento de xenerais e xeneralas chegados dende A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra, Vila de Cruces e Boqueixón.

 “As máquinas filloeiras comezarán a traballar ás 8 da mañá e entre as dúas farán unha media de 2.000 filloas por hora. Ao seu carón haberá filloeiras e filloeiros preparando todo tipo de elaboracións: filloas á pedra e recheas, tanto doces como salgadas”.

Román Rodríguez comezou a súa intervención destacando o labor do CFIP Compostela como orixe “dos mellores cociñeiros dos últimos anos”. Sobre a Festa da Filloa, Román Rodríguez salientou que “o que comezou como unha festa, hoxe transformouse nun valor patrimonial que crea veciñanza, convivencia, orgullo… É moi importante que a xente se identifique co produto e tamén é importante a traslación económica que teñen este tipo de eventos ao municipio”.

O director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, destacou que a Filloa de Lestedo “está situada no Olimpo das Festas, porque temos máis de 150 festas de Interese Turístico de Galicia pero so catorce son de Interese Turístico Nacional.

A verdade é que é un recoñecemento á Asociación Cultural da Filloa, ao Concello de Boqueixón e aos veciños e veciñas de Lestedo pois sen un traballo colectivo esta festa non chegaría onde chegou”.

Pola súa banda Xosé Luís Penas desculpou a ausencia do vicepresidente provincial, Xosé Regueira, e salientou que “Boqueixón está facendo un bo traballo poñendo en valor un produto noso e tradicional como a filloa”.

Unha Festa que cualificou que “patrimonio cultural da provincia porque ter unha festa de 43 anos é moito máis ca unha festa veciñal, fálase de familia, de turismo, de Entroido e dende as institucións debemos protexer festas como estas”.

Post navigation

Previous: A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda
Next: Reclaman explicacións sobre as eivas na humanización do Milladoiro en Ames

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.