Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón pon en marcha a nova EDAR de Sergude

boqueixon nova edar SLIDE 12 xunho 2025

A nova Esación Depuradora de Augas Residuais, EDAR, dará servizo a 3000 habitantes, principalmente de Sergude e Lestedo.

O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha as instalacións da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Sergude, inaugurada o pasado mes de febreiro tras un investimento de 1.810.427 euros.

Unhas instalacións que permitirán optimizar o tratamento das augas residuais nas parroquias de Sergude e Lestedo, triplicando a capacidade de tratamento da anterior depuradora.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Munín, e o responsable municipal de Obras, Juan Corral, asistiron á posta en servizo destas novas instalacións, acompañados por persoal técnico das empresas Espina e Delfín, responsable da xestión do ciclo integral da auga no municipio, e Vázquez y Reino, firma encargada da construción da nova depuradora.

Ovidio Rodeiro indicou que “coa recente incorporación das augas residuais de Lestedo, as novas instalacións da EDAR xa se atopan totalmente operativas e permitirán dar un salto de calidade na defensa do noso medio ambienta xa que se trata dunha depuradora moderna e eficiente, deseñada para acadar o mínimo vertido”.

Melloras na depuración

A EDAR de Sergude conta cunha primeira estrutura de pretratamento da auga que permite separa en tres contedores diferentes os residuos sólidos, as graxas e as areas. Acto seguido, sitúase o tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga por hora, se ben pode chegar a tratar picos de ata 81 metros cúbicos.

En caso de choivas torrenciais que puideran superar o caudal máximo de tratamento, a nova EDAR de Boqueixón conta cun depósito de retención ou tanque de tormentas ao que se podería enviar o exceso de auga.

O tratamento biolóxico estará conformado por un sistema de lodos activados por aireación prolongada de baixa carga, que contarán con dous axitadores para a produción de osíxeno.

O seguinte proceso é o da decantación secundaria, integrado por dúas liñas onde os lodos sepáranse por gravidade a un pozo de bombeo para a súa posterior deshidratación e tratamento por un xestor autorizado.

Estas novas instalacións permiten triplicar a capacidade da depuradora de Lestedo, construída en 1991 e cunha capacidade de 1.000 habitantes, o que era insuficiente para tratar a totalidade das augas residuais procedentes desta parroquia.

Pola contra, a nova EDAR de Sergude ten capacidade para dar servizo a unha poboación de ata 3.000 habitantes, o que lle permitirá tratar todas as augas residuais das parroquias de Sergude e Lestedo.

A nova depuradora supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros, financiadas a través dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón no que o Goberno Galego asumiu arredor do 80’% da inversión no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Pola súa banda, o Concello de Boqueixón achegou máis de 360.000 euros, puxo a disposición os terreos necesarios e asume agora o mantemento das instalacións.

Post navigation

Previous: Verán de visitas guiadas e teatralizadas en Padrón
Next: O persoal da Escola de Música de Santiago carga contra a empresa

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.