займ срочно

Melloras nos viarios do polígono de Camporrapado en Boqueixón

0

Bisbarra, 9 de novembro do 2022 – Os viarios do polígono de Camporrapado en Boqueixón veñen de ser arranxados grazas a unha achega da Xunta de Galicia.

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou as obras  do polígono acompaña polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e polo concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias Gómez, así como por técnicos da empresa adxudicataria das melloras nos viarios.

A Administración galega achegou 120.000 euros (o 80%) para un proxecto no que se investiron 150.000 euros. Con este investimento procedeuse á limpeza das marxes e á reapertura das cunetas existentes. Estas cunetas foron canalizadas para mellorar a seguridade viaria coa construción dunha cuneta transitable con 20 centímetros de zahorra, cos seus correspondentes sumidoiros e arquetas.

A maiores melloráronse os viarios cunha nova capa de 6 centímetros de aglomerado, previo fresado nos entronques coa AC-960, A Susana-Vila de Cruces, para non sobreelevar a rasante nos accesos. O proxecto incluíu tamén a preconexión á rede de saneamento municipal das propiedades anexas ás estradas, así como o pintado da súa sinalización horizontal.

Concellos emprendedores

Paula Uría explicou que o de Boqueixón foi un dos 42 proxectos apoiados en Galicia para a mellora de infraestruturas en parques empresariais. En concreto, na provincia da Coruña concedéronse 19 axudas a concellos emprendedores, como Boqueixón, que supuxeron un investimento total de 2 millóns de euros.

A actuación enmárcase no obxectivo da Xunta de mellorar e crear novas infraestruturas sostibles nas áreas industriais e impulsar a atracción de novos investimentos. Así, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ofrece axudas tanto para este tipo de actuacións como para ampliar a rede de viveiros industriais e reforzar as infraestruturas enerxéticas. Tal e como avanzou a secretaria xeral, estes apoios contarán cun orzamento de 6,1 millóns de euros en 2023.

Para a vindeira convocatoria destinada á mellora de infraestruturas, que se está a tramitar de xeito anticipado, apoiaranse plantas de depuración de augas, proxectos de xestión de residuos, infraestruturas viarias interiores, instalacións de sistemas de seguridade, vixilancia e contraincendios, así como servizos centralizados de subministración de gas e/ou hidroxeno renovable, e obterán un 11% máis de puntuación aqueles proxectos que se implanten en concellos emprendedores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies