Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón quere que o Pico Sacro sexa unha das Montañas Sagradas do Mundo

boqueixon pico sacro monte sagrado 22 outubro 2025

O centro de interpretación do Pico Sacro en Boqueixón acolleu esta fin de semana a sétima edición do ciclo “Un Mes e Pico” na que tamén se avanzou na declaración BIC.


O concello de Boqueixón traballa desde hai tempo na declaración de Ben de Interese Cultural, BIC, do Pico Sacro pero agora quere ir un paso máis alá e conseguirque sexa incluída entre as Montalas sagradas do Mundo.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, avanzou a idea no transcurso da sétima edición de “Un Mes e Pico” celebrada esta fin de semana. O rexedor dixo que “estamos xa traballando para conseguir que o Pico Sacro forme parte das Montañas Sagradas do mundo. Imaxinade: Monte Olimpo, Monte Sinaí, Monte Fuji, Machu Picchu… Pico Sacro. Quen dixo medo!”.

Con estas palabras o alcalde inauguraba a reunión mantida no centro de interpretación do Pico Sacro. “Un Mes e Pico” é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Boqueixón para poñer en valor o monte Ilicino e promover a súa candidatura a Ben de Interese Cultural (BIC).

Rodeiro engadiu “Creo que todos os que estamos hoxe aquí presentes coincidimos en que hai motivos máis que de sobra para que o Pico Sacro sexa declarado BIC. E dende o Concello que presido seguiremos traballando para que ese nomeamento poida producirse o máis pronto posible”.

Conferencias

O  centro de interpretación do Pico Sacro acolleu un ciclo de conferencias da man de cinco prestixiosos investigadores co obxectivo de ofrecer unha visión interdisciplinar do Monte Ilicino. Antonio César González García, doutor en Astrofísica, ex-presidente da Sociedade Europea de Astronomía e membro da delegación en Galicia do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), falou do Monte Ilicino como referente da paisaxe galega. Algo no que tamén insistiu César Parcero Oubiña, investigador científico no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) e arqueólogo especializado na análise do espazo e a paisaxe ao longo da historia.

Pola súa banda, David Fernández Abella, arqueólogo e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, presentou os últimos achados arqueolóxicos localizados neste verán de 2025 durante a limpeza do alxibe do Castelo do Pico Sacro, antiga cisterna para almacenar auga desta antiga fortaleza edificada no século XII.

Cristina Sánchez-Carretero, antropóloga, ex presidenta da Asociación de Antropoloxía do Estado Español, vicedirectora e investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, presentou os avances nos procesos de salvagarda do Pico Sacro como conxunto simbólico senlleiro de Galicia, paso previo á súa declaración como BIC.

Finalmente, Felipe Criado-Boado, arqueólogo, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio, pechou o ciclo analizando como en moitos países mantense memoria viva das montañas sacras, mentres que en Europa perdéronse case sempre. Unha presentación relacionada coa intención do Concello de Boqueixón de buscar a declaración do Pico Sacro como Montaña Sagrada do mundo.

Post navigation

Previous: Rois impulsa Adestra a túa saúde en colaboración co SERGAS
Next: E logo… que foi? Viño industrial

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.