TEO TURISMO
займ срочно

Boqueixón remata as obras a mellora da aldea de Lamas

0

Bisbarra, 21 de marzo do 2024 – Boqueixón vén de rematar as obras de mellora dos viarios interiores da aldea de Lamas, na parroquia de Sergude.

Uns traballos nos que o executivo local investiu preto de 19.000 euros. “Nas vindeiras semanas continuaremos con varias actuacións en Pousada, Loureda, Lestedo, Gastrar, Vigo e Boqueixón”, adianta o alcalde, Ovidio Rodeiro Tato.

As obras acometidas en Lamas consistiron na mellora da capa de rodaxe da estrada con 6 centímetros de aglomerado en quente, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Uns traballos nos que se aproveitou para facer sobreanchos naquelas zonas nas que foi posible, ata sumar un total de 200 m2 de abanicos e sobreanchos. As obras incluíron tamén o pintado das liñas de bordo da estrada e a súa sinalización horizontal, así como a limpeza de gabias e salvagabias para unha correcta drenaxe das augas da choiva.

Por outra banda, o Concello de Boqueixón está nestes momentos tramitando unha nova actuación de mellora de viarios en Lamas, nesta ocasión sobre unha superficie de 1.050 m2 e con cinco centímetros de aglomerado en quente. Unhas obras que inclúen tamén a demolición dun palco existente e o amaño da superficie afectada. Estas obras, actualmente en fase de adxudicación, suporán un investimento de case 27.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies