Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Inaugurase a nova EDAR de Boqueixón

boqueixon saneamentyo 7 de febreiro do 2025 (1)

Bisbarra, 7 de febreiro do 2025 – Boqueixón ven de inaugurar a nova Estación Depuradora de Augas Residuais, EDAR, que triplica a capacidade de tratamento que tiña este concello.

A nova EDAR contou cun orzamento de de máis de 1,8 millóns de euros. O novo equipamento substitúe á anterior depuradora emprazada en Lestedo, a primeira construída no municipio no ano 1991.

A Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitaron as instalacións. A depuradora é froito dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón no que o Goberno galego se comprometeu a asumir arredor do 80% do investimento.

Pola súa banda, o Concello achegou máis de 360.000 euros, puxo a disposición os terreos necesarios e asumirá nos próximos días o mantemento das instalacións da EDAR.

A responsable autonómica destacou que a nova EDAR, permite mellorar a rede de saneamento e unificar o tratamento das augas residuais nos núcleos de Sergude e de Lestedo.

Ángeles Vázquez felicitou ao alcalde de Boqueixón por “traballar para que un pequeno municipio como Boqueixón se converta nun concello con grandes servizos e de calidade de vida para os que aquí viven pero tamén para convidar que outros poidan vir”.

Saneamento no 100% dos núcleos

Pola súa banda, Ovidio Rodeiro lembrou que “no ano 1991 fíxose en Lestedo a primeira depuradora, pequena depuradora que vai ser substituída por esta. E ese ano o Concello de Boqueixón puxo en marcha o servizo de saneamento. A día de hoxe contamos con 92 quilómetros de tubaxes, 14 pequenas depuradoras, 13 bombeos cun investimento de 8.000 euros por cada casa. Neste momento temos 1.478 enganches ao saneamento, unha porcentaxe altísima de poboación”.

Ademais de destacar que esta nova EDAR “vén mellorar o servizo que lle prestamos aos veciños e veciñas de Sergude e Lestedo”, Rodeiro Tato indicou que “grazas aos últimos investimentos realizados, imos conseguir chegar ao 100% de saneamento aos núcleos”.

A nova estación depuradora inclúe liña de auga e liña de lodos, con pretratamento e tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga á hora, o que permitirá optimizar e o tratamento de augas residuais nas parroquias de Lestedo e de Sergude. En caso de choivas intensas que superen o caudal punta, o exceso de augas enviarase a un tanque de tormentas. Trátase dunhas instalacións modernas e eficientes, deseñadas co obxectivo de acadar mínimo vertido e con tratamento secundario para a eliminación do nitróxeno. Esta infraestrutura, que contou con cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. Supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros.

Post navigation

Previous: XXI Festa da Filloa da Pedra da Baña
Next: Na defensa do sistema público de atención á dependencia

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.