Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón prepara unha nova Casa do Maior

boqueixon local casa do maior 8 xullo 2025

O concello ofrece un local na Casa da Cultura de Camporrapado para acoller esta nova Casa do Maior que terá agora que ser adxudicada.

As Casas do Maior estan resultando ser a mestura perfecta entre as residencias e os centros de día para o rural. Cada vez hai máis, o servizo é máis personalizado e ademais crean postos de traballo. E agora a quenda de Boqueixón que autorizará a ocupación dun local na Casa da Cultura de Camporrapado.

A Consellería de Política Social e Igualdade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do luns 23 de xuño unha nova orde de axudas para a posta en marcha de casas do maior para os anos 2025 e 2026 e o prazo para solicitalas remata o 24 de xullo.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, considera que a apertura dunha nova Casa do Maior en Camporrapado sería “unha vía axeitada para dar un servizo necesario, demandado pola veciñanza, sen custe e que permitirá incrementar a oferta xa dispoñible no municipio, que conta con outras dúas casas do maior en Vigo e Loureda. Sabemos que hai máis persoas interesadas en poñer en marcha algunha casa do maior noutras parroquias e dende o Concello queremos colaborar nunha iniciativa que fomenta a autonomía persoal dos nosos maiores”.

O local na Casa da Cultura de Camporrapado poderá ser ocupado temporalmente pola persoa que resulte adxudicataria da subvención para a posta en marcha dunha nova casa do maior en Boqueixón como consecuencia da Resolución que dite a Consellería de Política Social sobre a convocatoria realizada o pasado luns 23 de xuño. Unha persoa que deberá estar empadroada no Concello de Boqueixón.

A Xunta destinará algo máis de 1 millón de euros a esta convocatoria para os anos 2025 e 2026. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de xullo e o período mínimo de permanencia da actividade empresarial subvencionada será de 5 anos. As bases reguladoras da convocatoria poden consultarse na Orde do 6 de xuño de 2025 da Consellería de Política Social e Igualdade, publicada no DOG 118 de 23 de xuño de 2025.

Boqueixón conta na actualidade con dúas instalacións deste tipo: a Casa do Maior Lodeiro, posta en marcha na parroquia de Loureda pola emprendedora Marta Renda Guillán a principios de 2021; e a Casa do Maior de Carabán, promovida por Beatriz Mella Pazos a principios de 2024. Cada una delas dispón de 5 prazas: ben cinco persoas a tempo completo de 8 horas ou incluír xente a tempo parcial de 4 horas).

Poden acceder a estes servizos persoas de máis de 60 anos, tendo preferencia aquelas que teñan recoñecidos graos I ou II de Dependencia. O prezo é totalmente de balde, tanto do servizo como do desprazamento, financiado pola Consellería de Política Social. O xantar ten un prezo de 5 euros. O seu horario de atención é diúrno, durante 8 horas de luns a venres. Os Servizos Sociais de Boqueixón son os encargados de tramitar as solicitudes de praza na nova casa do maior (981 513 106).

Post navigation

Previous: Comeza unha nova edición do Delas Fest que se expandirá ata setembro
Next: II Ruada de Val do Dubra

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.