Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón investirá 100.000 € na mellora da EDAR de Pousada

boqueixon mellora edar 21 agosto 2024

Bisbarra, 21 de agosto do 2024 – Boqueixón investirá máis de 100.000 euros na mellora da depuradora de augas residuais (EDAR) de Pumariño (Pousada), que dá servizo ao polígono industrial de Camporrapado.

O alcalde de Boqueixón Ovidio Rodeiro agradece a financiación da Xunta e explica que “estas liñas axudas son moi importantes para seguir mellorando as nosas infraestruturas e teñen un impacto moi positiva na veciñanza”.

Riodeiro engade que “permitirá a reparación e ampliación da capacidade dunha das dúas estacións de depuración de augas residuais que dan servizo ao polígono industrial de Camporrapado e aos veciños e veciñas da contorna”. Segundo datos da empresa concesionaria do saneamento no municipio, esta EDAR presta servizo a 200 abonados, o que equivalería a unha poboación duns 500 habitantes.

A EDAR foi visitada polo secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, quen estivo acompañado polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e persoal do equipo técnico encargado da obra.

Para incrementar a capacidade de depuración das instalacións, o Concello procederá á instalación dun novo decantador, preparado para afrontar un volume de decantación de 33 m3, e unha nova reixa de desbaste automática, deseñadas ambas as dúas pezas para unha carga contaminante duns 600 habitantes equivalentes.

Así mesmo, procederase a instalar unha válvula de corte para o baleirado de lodos no pozo de rexistro, repararase o decantador secundario e substituirase a boba do sistema de recirculación de lodos entre o decantador secundario e o reactor biolóxico. Finalmente, procederase a executar unha soleira de formigón para mellorar a nivelación da depuradora e evitar problemas de asentamento.

Na actualidade, o Concello de Boqueixón dá subministro de auga ao 100% das casas e servizo de depuración a todas as aldeas. Conta cun total de 12 depuradoras e prevé poñer en funcionamento outras 12 microdepuradoras de infiltración, que darán servizo a vivendas illadas cun custe asumido conxuntamente polo Concello e pola Xunta de Galicia.

Post navigation

Previous: Compostela aposta por un plan supramunicipal de mobilidade
Next: Ames recibe máis dun millón de euros para dixitalizar o ciclo urbano da auga

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.