Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón recollerá este domingo o “Lume sagrado”

boqueixon-lume-sagrado-slide-14-xunho-2024_r

Bisbarra, 14 de xuño do 2024 – Boqueixón continúa coas actividades do ciclo “Un mes e pico” arredor do Pico Sacro e este domingo ten previsto recuperar un ano máis a cerimonia do “Lume Sagrado”.

Antes do domingo, esta mesma tarde, terá lugar a conferencia “O Pico Sacro visto con ollos xeolóxicos”, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo e actual director científico do Xeoparque Cabo Ortegal, recoñecido como Xeoparque Mundial da Unesco. Será ás 19:00 horas na Capela de San Sebastián.

Hai que lembrar que o ciclo “Un mes e Pico” organizado polo Concello de Boqueixón concentra tres actividades esta fin de semana, todas elas de participación gratuíta previa inscrición no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

O propio Francisco Canosa actuará como guía da segunda visita ao Pico Sacro: “Un paseo xeolóxico pola contorna do Pico Sacro”, que terá lugar mañá sábado 15 de xuño, ás 17:00 horas. O punto de encontro será o aparcamento do Pico Sacro.

Lume sagrado

Así mesmo, o domingo 16 de xuño, ás 13:00 horas, terá lugar a Cerimonia do Lume Sagrado, unha celebración celta encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros na festa do solsticio de verán a través da obtención do lume sagrado directamente do Sol. Un lume que quedará custodiado ata o día de San Xoán.

No 2018 Lindeiros recollía en vídeo a cerimonia do Lume Sagrado no cumio do Pico Sacro

O acto contará coa colaboración da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) e coa actuación do grupo de música tradicional Son de Gaita. Ademais, todas as persoas que desexen participar activamente na cerimonia poden solicitar os traxes de época no momento de inscribirse no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

A celebración da cerimonia está condicionada á meteoroloxía. De feito, tras o parón provocado pola pandemia, esta tradición non puido celebrarse aínda como estaba inicialmente previsto debido a coincidir con fortes choivas. Aínda así, tras a anulación do ano pasado, o Concello aproveitou que o día de San Xoán coincidía cunhas boas previsións meteorolóxicas para recuperar o acto, se ben neste caso o séquito da Raíña Alda foi moito menor.

Compre lembrar que todas as persoas que queiran recoller o lume sagrado para prender as súas fogueiras da noite de San Xoán, poderán levar unha candea do Pico Sacro o 23 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.

Post navigation

Previous: Tratan de frear un polígono eólico no Barbanza que afectaría a especies protexidas e patrimonio arqueolóxico
Next: XII Festival Atlántica

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.