Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Lalín
  • Xeral

Filloas e cocido, unha alianza natural

filloa e cocido unha alianza natural slide 3 fereiro 2025

Bisbarra, 3 de febreiro do 2025 – Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e de Lalín, Xosé Crespo Iglesias, asinaron un acordo de irmandamento da Festa da Filloa de Lestedo coa Feira do Cocido de Lalín.

O acto tivo lugar en Lalín, na IV Feira Internacional de Apicultura e coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Participaron tamén o presidente da Asociación Cultural Festa da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal; o co-oganizador da feira “Alvariza”, David Liñares; o concelleiro de Turismo de Boqueixón, José Luís Mareque; o seu homólogo de Lalín, Avelino Souto; o director do Agacal, Martín Alemparte; e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

Ovidio Rodeiro agradeceu o traballo tanto da Asociación Cultural Festa da Filloa de Lestedo como do Concello de Lalín para a sinatura deste protocolo xa que “a Festa da Filloa gaña un irmán maior: a primeira festa gastronómica que consegue ser distinguida como de Interese Turístico Internacional. Todo un espello no que mirarse e ao que imitar”.

Así mesmo, puxo en valor os moitos puntos que unen a ambos os dous municipios pois “alguén entendería un Entroido en Galicia sen filloas ou sen cocido? É impensable”, se ben adiantoulles que “aínda que a filloa é unha das sobremesas típicas da Feira do Cocido. Os amigos da Asociación Cultural da Filloa demostraranvos que é moito máis ca un doce”.

Pola súa banda, José Manuel Canabal aproveitou para agradecer a colaboración de ambos Concellos na sinatura deste irmandamento e aproveitou para convidar a todos os presentes a achegarse por Lestedo o domingo 9 de marzo “e desfrutar connosco da Festa da Filloa, que este ano como gran novidade terá unha degustación de Cocido de Lalín”.

Canabal tamén puxo en valor o traballo e implicación dos 220 integrantes da asociación cultural que preside “non so o Domingo de Piñata, facendo quendas nas máquinas filloeiras e nos distintos stands; senón tamén nas diferentes actividades que programamos durante os meses anteriores. Porque o éxito da Festa da Filloa está na implicación parroquial dos veciños e veciñas de Lestedo”.

O alcalde de Lalín salientou que a feira de apicultura “abre as portas á 57ª Feira do Cocido que este ano incorpora unha importante novidade como é o irmanamento da Feira do Cocido coa Festa da Filloa de Lestedo que vimos de asinar este mediodía en Alvariza e que agardamos consolidalo no tempo”.

Crespo salientou que para visibilizar este irmandamento “desenvolveuse este mediodía un showcooking con distintas elaboracións da Filloa de Lestedo e ademais os Xenerais da Ulla, que son unha parte esencial da Festa da Filloa, estarán presentes no desfile da Feira do Cocido o 23 de febreiro. E Lestedo, no seu día grande da Filloa, o domingo 9 de marzo, preparará un Cocido de Lalín como menú principal do seu xantar oficial”.

Finalmente, a conselleira do Medio Rural puxo en valor os produtos galegos e a necesidade de promover o consumo de produtos quilómetro cero, que contribúen a recoñecer o bo facer dos produtores locais e facilitar unha boa relación entre consumidores e produtores.

Post navigation

Previous: O festival Norte Cinema Diverso chegará a Santa Comba
Next: Frades inicia a Campaña de Compostaxe Doméstica 2025

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.