Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Unha glorieta para a N-525 en Boqueixón

boqueixon glorieta 525 23 outubro 2024

Bisbarra, 23 de outubro do 2024 – É unha vella demanda da que falaron o Delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro. Unha glorieta en Lestedo, na Nacional 525.

A conversa produciuse nunha reunión na que tamén estiveron presentes a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia, Ángel González del Río. A glorieta ten como obxectivo a mellora da seguridade vial.

Esta rotonda situaríase na confluencia da nacional coa estrada que sube cara ao campo de fútbol e o Pico Sacro. O Concello de Boqueixón leva anos reclamando a construción da glorieta que permita todos os movementos de tráfico e facilite unha moderación das velocidades neste punto, polo que xa non sería preciso instalar o semáforo solicitado polo Concello.

Uns problemas que Ovidio Rodeiro xa lle trasladara sobre o terreo ao delegado do Goberno durante unha visita realizada o pasado mes de abril á zona, na que puideron comprobar os problemas derivados da nova sinalización horizontal levada a cabo polo Ministerio de Fomento na intersección da N-525 coa C-1202 e a estrada municipal cara o Pico Sacro, prohibindo tanto o xiro á esquerda en dirección Santiago-Ourense como atravesar a N-525 desde a C-1202 cara o Pico Sacro e viceversa.

Isto prexudica especialmente aos veciños das aldeas de Milleirós e Vilar, que vén dificultado o acceso ás súas vivendas, e supón tamén incomodidades tanto para os milleiros de visitantes do Pico Sacro como para os condutores que cada día atravesan Lestedo desde ou cara Vedra e Pazos.

Para solucionar o problema, o Concello de Boqueixón solicitara en novembro de 2021 a construción dunha glorieta na N-525, proposta da que xa está redactado un proxecto orzamentado nuns 250.000 euros e que ten que ser sometido ao trámite de información pública.

No encontro tamén se abordou o interese do Concello de Boqueixon en  adquirir a antiga casa de peóns camineros situada no P.K. 331+540 da N-525, na zona de Sergude. Este inmoble, xestionado na actualidade polo MITMS,  atópase en trámite de inscrición rexistral como paso previo á súa desafectación e cesión ao Concello para fins públicos.

Post navigation

Previous: Compostela aproba a rehabilitación de Santa Isabel e da rúa García Lorca
Next: Reclaman melloras no transporte no rural

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.