Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Unha aurora boreal no Pico Sacro

fotografia boqueixon 1 premio slide 18 decembro 2024

Bisbarra, 18 de decembro do 2024 – Se es dos que cren en mitos e lendas, o primeiro premio do X Concurso “Imaxes de Boqueixón” da para comezar unha, outra máis, no Pico Sacro.

O xornalista Cesar Carracedo acadou o primeiro premio cunha imaxe dunha Aurora Boreal vista desde o Pico Sacro. Un momento único é máxico nun espazo xa de por si moi especial.

“Imaxes de Boqueixón” é un certame convocado polo Concello de Boqueixón para fomentar a creación artística e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio. O Pico Sacro é cada ano unha das paisaxes recorrentes nas fotografía pero a imaxe de Cesar Carrcedo é inédita.

O xurado do certame, composto por Adolfo Enríquez, fotógrafo; Javier Carnota, director de xornais comarcais gratuítos como STGO, AMSGO ou Crónica; Carlos Suárez, xornalista de Nós Comunicación; e Rosario Iglesias, técnica municipal de Cultura, elixiron as tres imaxes gañadoras do certame de acordo a criterios de calidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e dificultade.

César Carracedo

A proposta de César Carracedo foi escollida entre as 69 fotografías presentadas a concurso este ano. De feito, as tres imaxes presentadas por este xornalista afincado en Santiago foron elixidas entre as 12 integrantes do Calendario 2025 do Concello de Boqueixón, ao obter os postos 6º e 7º.

Carracedo recibiu o premio de mans do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, a quen explicou que “gústame moito ir en bicicleta e un dos sitios aos que adoito ir é Boqueixón porque ten paisaxes moi fermosos e moitas veces levo a cámara comigo. Incluso unha das fotos que está no calendario saqueina cando pasaba por diante na estrada por Casalpegito”.

Xornalista radiofónico, Carracedo foi xefe de informativos en COPE Ferrol, director de informativos de fin de semana na SER de Santiago e ten traballado no gabinete de Prensa do Concello de Lalín.

Ten gañado dous accésit do Premio Modesto R Figueiredo, unha mención no certame de relato curto do Concello de Mugardos, o premio do xurado do Diario Cultural da Radio Galega e o segundo premio do X Premio de Narración Curta do Concello de Curtis.

Mónica Vila

O monte Ilicino foi tamén o protagonista da fotografía do segundo premio, titulada “Pico Sacro”, e que recolle unha vista da zona cun arco da vella de fondo. Unha imaxe recollida por Mónica Vila Ferreirós, fotoxornalista de Vilanova de Arousa, quen indicou que “cando traballei en La Voz de Galicia, viñera á Festa da Filloa de Lestedo, pero non visitara Boqueixón. Vin o concurso por Internet e serviunos de escusa para coñecer a zona aos que estamos preto”. Outra das súas imaxes, “Ponteledesma”, quedou en 10ª posición.

Mónica Vila estudou fotografía artística na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago e imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. De 1998 a 2021 colabora con La Voz de Galicia, Diario de Arousa, El Español, Fotomóvil, Yo Dona, De Viajes, El País, La Opinión, Luzes, Interviú, Zona Press, Turismo de Galicia… Premio Galicia de Fotografía Deportiva en 2005 e terceiro premio na categoría “Novas” do Certamem de Fotojornalismo Estaçâo Imagem Mora 2014.

Alicia Carrillo

O terceiro premio recaeu en “Sombras de Outono”, de Alicia Carrillo Martínez, unha moza veciña de Oural (Boqueixón), quen sinalou que decidiu participar a última hora porque “a foto pareceume bastante bonita, aínda que non sexa o lugar máis típico ou recoñecible de Boqueixón pero a vexetación é algo que está moi presente”.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de entregarlles os premios: vales de compra en calquera establecemento do municipio por un importe de 200, 150 e 50 euros, respectivamente. Coas doce imaxes mellor puntuadas do certame, o Concello editou un calendario 2025 que chegará de balde ás vivendas do municipio nas próximas semanas.

Post navigation

Previous: Nadal en Negreira
Next: Xantar na casa chegará a Compostela

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.