Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón presenta a 40ª edición da Festa da Filloa de Lestedo

O concello de Boqueixón presentou o programa de actividades da corenta edición da Festa da Filloa de Lestedo con importantes novidades.
Boqueixon-Festa-da-Filloa-de-Lestedo-slide-30-xaneiro-2023_3590_r

Bisbarra, 30 de xaneiro do 2023 – O concello de Boqueixón presentou o programa de actividades da corenta edición da Festa da Filloa de Lestedo con importantes novidades.

Na presentación da Festa da filloa participaron o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; o deputado autonómico Ovidio Rodeiro Tato; e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal.

O alcalde agradeceu o traballo realizado tanto pola veciñanza como pola Asociación Cultural da Filloa para “preparar un amplo programa de actividades vinculadas á 40ª Festa da Filloa de Lestedo e con moitas novidades como esa Festa da Filloíña, para os nenos e nenas que comezan a coller o relevo”.

Pola súa banda, José Manuel Canabal confirmou que o Alto dos Xenerais da Ulla, Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá a celebrarse en horario de mañá e que “na degustación das filloas volveremos á normalidade, cunha degustación gratuíta ao mediodía e despois, ao longo de todo o día, todas as persoas que se acheguen poderán mercar e probar todo tipo de elaboracións: filloas doces, á pedra, recheas…”. Finalmente, Ovidio Rodeiro destacou unha vez máis o traballo dos veciños e veciñas de Lestedo  “que lograron situar este pobo e esta parroquia como unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia”.

Programación paralela

Hoxe luns abrese o prazo para participar na terceira edición do Concurso Fotográfico “Filloarte”, onde calquera persoa poderá presentar ata dúas imaxes de elaboración de filloas, presentacións empratadas de filloas, creatividades en base ás filloas, etc. A única limitación é que non poden aparecer persoas identificables na imaxe. Os participantes deberán entregar as súas propostas ata o 17 de febreiro no mail festadafilloadelestedo@gmail.com. As bases poden consultarse na web municipal: www.festadafilloadelestedo.gal.

Unha das novidades desta edición é a “Festa da Filloíña”, “na que os protagonistas sexan os nenos e nenas que empezan a coller o relevo en Lestedo porque, para nós, é un orgullo ver como estas tradicións pasan dunha xeración a outra”, apunto Manuel Fernández Munín.

A “Festa da Filloíña” dará comezo ás 17:30 horas do sábado 18 de febreiro no campo da feira de Lestedo coa actuación de grupos musicais (Lucerniñas, Luceiro e Luarada da Asociación Cultural Meste Manuel Gacio, As Travesas de Codeso e Os Campiños de Sarandón), que darán paso ao pregón infantil.

Ás 18:30 horas terán lugar os Atranques de Xenerais e Xeneraliños, que rematarán cunha degustación gratuíta de filloas e un concurso de disfraces, culminado cunha festa infantil. Xa pola noite, quenda dos pais e nais co “Entroido da Filloa”, cun concurso de disfraces e unha verbena coas orquestras Finisterre e o grupo Origen.

Finalmente, nos días previos á gran festa terá lugar o showcooking “Lestedo sen gluten”. O venres 24 de febreiro presentaranse distintas elaboracións aptas para estas persoas. Unha iniciativa organizada en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia. E o sábado 25 de febreiro, ás 18:00 horas, novo evento gastronómico, denominado “Terra e mar” no que un prestixioso chef elaborará receitas de filloas con diferentes recheos, doces e salgados, incorporando unicamente produtos locais e de temporada. A xornada rematará con música, coa primeira edición do “Filloa Folk” que este ano reunirá no campo da feira de Lestedo aos grupos Raeira e Raiola (Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio), Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a Requinta da Laxeira.

40ª Festa da Filloa de Lestedo

O programa da 40 Festa da Filloa dará comezo ás 11:00 horas do 26 de febreiro coa actuación de grupos musicais e a tradicional parranda de entroido. Ás 12:00 horas terá lugar o Desfile dos Xenerais da Ulla ata o campo da Festa darán, onde darán paso ao pregón e entrega de distincións. Ás 13:45 horas será o momento do Gran Alto dos Xenerais da Ulla que, mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor, falarán de política e temas de actualidade. O acto será presentado pola actriz María Mera.

A Festa recupera a normalidade en canto á degustación das filloas, polo que ao mediodía haberá unha degustación gratuíta no campo da feira. E, ao longo de todo o día, as persoas que se acheguen por Lestedo poderán mercar e degustar todo tipo de elaboracións: filloas doces, á pedra, recheas, salgadas, as da máquina filloeira…

A música de Luz do Ilicino e do Grupo Ibiza porá o broche final a unha intensa mañá de actividades. Pola tarde, o grupo Coleguitas e a orquestra París de Noia protagonizarán a verbena a partir das 18:00 horas.

Post navigation

Previous: Patricia Vázquez gaña o XXII Premio Maruxa Villanueva
Next: Ames terá o seu propio transporte público

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.