Bisbarra, 20 de xaneiro do 2023 – O concello de Boqueixón deixa atrás o Nadal e mentres espera xa polo entroido celebra a Festa do San Vicente, patrón do concello.
A Festa do san Vicente é unha tradición anual que terá lugar o vindeiro domingo día 22. Entre os actos que se inclúen están unha recepción oficial á veciñanza a partir das doce do mediodía na casa do concello, no Forte.
O acto estará presidido polo alcalde, Manuel Fernández Munín, e contará coa participación de integrantes da corporación municipal.
As persoas que asistan a esta recepción na Casa do Concello desfrutarán dos acordes da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, que interpretará varias pezas.
A celebración continuará cunha misa solemne na honra do San Vicente, ás 13:00 horas, que rematará cun novo concerto da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.