займ срочно

Boqueixón recupera o Encontro de Maiores

0

Bisbarra, 26 de agosto do 2022 – Tras dous anos de ausencia pola crise sanitaria do Covid, o concello de Boqueixón recupera o Encontro de Maiores.

O vindeiro sábado día 3 de setembro esta tradicional cita chegará a súa vixésima edición. O Encontro terá lugar no pavillón polideportivo do Forte. Unha cita coa que o Concello de Boqueixón pretende ofrecer unha xornada de lecer para as  persoas maiores do municipio.

O programa de actos comezará ás 12:30 horas cunha misa no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto. A continuación, ás 13:30 horas, comezará o xantar de confraternidade. Ás 15:30 horas terá lugar unha sesión musical e de animación. Haberá agasallos, sorteos e, coma en anteriores ocasións, realizarase unha homenaxe ás persoas de maior idade do concello. Está previsto que a festa finalice en torno ás 18:30 horas.

O Concello de Boqueixón porá a disposición dos participantes a posibilidade de trasladalos en autobús ao pavillón polideportivo, iso si, previa reserva. Os prezos para participar nesta actividade son de 10 euros (para persoas de 60 ou máis anos) e 25 euros (para persoas menores de 60 anos). As entradas deberán recollerse no Departamento de Cultura antes do martes 30 de agosto.   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies