Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

 Boqueixón disporá de dúas novas sendas peonís

boqueixon sendas peonis 6 de novembro 2025 (3)

Os traballos no concello de Boqueixón supoñen un investimento de máis de catrocentos mil euros e un incremento na comodidade, a hora de camiñar, da veciñanza.


Os concellos veñen nos últimos anos incrementando o número de sendas peonís, uns camiños que facilitan a mobilidade da veciñanza entre lugares e parroquias garantindo unha maior seguridade.

Boqueixón non é unha excepción e comeza a construír dúas novas sendas peonís nas parroquias de Sergude e de Lestedo, nas que inviste máis de 435.000 euros. A nova senda de Sergude permitirá conectar a igrexa da parroquia e as aldeas de Lamas e Deseiro de Abaixo co cruce da N-525, mellorando así a seguridade e accesibilidade dos veciños e veciñas.

O roxecto de Boqueixón supón un paso máis de cara a unha mobilidade máis cómoda e segura en todo o municipio en xeral, e desta parroquia en particular. En ese sentido tamén está prevista a construción dunha nova senda peonil entre Sergude e Rodiño. Nesta ocasión, o proxecto será executado pola Xunta de Galicia, que agarda poder licitalo no ano 2026 e que suporá un investimento de case 750.000 euros.

No caso da senda peonil na parroquia de Lestedo, desenvólvese dende o cruce das rúas Mestre Manuel Garcio e Pico Sacro ata o cruceiro. Unha actuación valorada en case 35.000 euros e que permitirá crear un primeiro tramo seguro para os peóns que se despracen dende o centro da vila ata o pavillón polideportivo municipal.

Unha instalación onde o Concello está a investir outros 50.000 euros na mellora da súa eficiencia enerxética, para maior comodidade dos veciños e veciñas.

Post navigation

Previous: Comeza en Arzúa o Outono a Escena
Next: Melloras na seguridade viaria de Berreo en Trazo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.