Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón conmemora o Día da Muller cunha andaina

boqueixon 8m

Boqueixón. 05/03/2026 – O Concello de Boqueixón celebra o Día da Muller cunha programación que inclúe unha nova edición da andaina gratuíta «8 M. No Camiño da Igualdade» e un curso de defensa persoal feminina. Dúas actividades gratuítas que terán lugar este domingo 8 de marzo e o vindeiro sábado 14 de marzo, respectivamente.

O domingo 8 de marzo terá lugar unha nova edición da andaina «8 M. No Camiño da Igualdade», unha iniciativa organizada polos Concellos de Boqueixón, Vedra e Touro, ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e co apoio do Ministerio da Igualdade.

A andaina terá lugar ao longo dunha ruta circular de 15 km de dificultade media, con saída e meta no Concello de Touro. As persoas participantes recibirán un agasallo e un bocadillo, ademais de poder desfrutar dun espectáculo de despedida a cargo de Teatro pola Igualdade.

O sábado 14 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, o ximnasio do Forte acollerá un curso gratuíto de defensa persoal feminina, para mulleres de máis de 14 anos (menores de idade con autorización familiar). A participación é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado, polo que terán preferencia as mulleres empadroadas en Boqueixón..

Unha iniciativa organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Boqueixón e que será impartida pola Escola Judo Club. Inscricións no 981 513 106 ou no formulario: https://forms.gle/DuJECWSaooJMZBDKA

Post navigation

Previous: A Pobra reivindica unha ‘Igualdade real, xa!’ no marco do 8M
Next: A campaña do 8M en Compostela busca “tecer redes” e “escribir o futuro”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.