Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

A Deputación aportará 30.000 euros para a Festa da Filloa de Lestedo en Boqueixón

boqueixon deputacion convenio 20 outubro 2025

O alcalde Ovidio Rodeiro presentoulle ao presidente da Deputación, Valentín González, un proxecto para mellorar a seguridade peonil na DP-1201


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, visitou Boqueixón, onde se reuniu co alcalde, Ovidio Rodeiro, e cos membros da corporación municipal para analizar os investimentos da institución provincial no municipio e estudar novas liñas de colaboración.

No marco da visita institucional, Formoso e Rodeiro asinaron un convenio de colaboración por 30.000 euros para o financiamento da Festa da Filloa de Lestedo, unha das citas gastronómicas máis emblemáticas da contorna e que organiza a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón.

Na sinatura participaron tamén Juan Manuel Silva, vicepresidente da asociación, e os vogais Juan Manuel Corral e Pascual Villaverde. O presidente lembrou que a Deputación colabora cada ano con esta celebración, unha das máis tradicionais do municipio, e coa entidade organizadora, contribuíndo por exemplo á compra da máquina filloeira que se utiliza no evento, con capacidade para producir ata 800 filloas por hora.

Ovidio Rodeiro destacou que “é unha axuda moi importante xa que a Filloa acadou este ano a súa gloria coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, polo que isto axudará a darlle un toque máis de calidade e de presenza”. Así mesmo acreditou “o bo facer da Asociación Cultural da Filloa e da parroquia de Lestedo, pois son eles os que o organizan todo. Dende o Concello colaboramos no posible pero son eles quen toman a iniciativa e sacan adiante esta festa”.

Proposta de itinerario peonil na DP 1201

Formoso e Rodeiro falaron tamén do proxecto presentado polo municipio para mellorar a seguridade peonil na estrada provincial DP 1201, a única estrada provincial existente no municipio, na que a Deputación xa realizou investimentos de ampliación e mellora nos últimos anos.

En concreto, a actuación proxectada tería lugar no PK 2+250, no entorno da intersección desta estrada co viario municipal e o campo da festa de O Forte e aproveitaría o antigo trazado da citada estrada provincial (actualmente en desuso) para convertelo nun paseo peonil, acondicionando a superficie existente entre ambas vías e dando continuidade aos itinerarios peonís xa existentes nas marxes da DP 1201, permitindo conectar a pé e con seguridade o Concello, o centro de saúde ou o campo de fútbol.

O Concello de Boqueixón presentará o proxecto para a súa valoración por parte dos servizos técnicos de Vías e Obras da Deputación.

Plan Único

Formoso destacou que este ano o concello recibe 1.215.584 euros do Plan Único (POS+2025), o maior plan de cooperación municipal de Galicia, que acada un récord histórico de 138 millóns de euros para os concellos da provincia. “O Plan Único é unha ferramenta esencial para garantir o equilibrio territorial e apoiar aos concellos máis pequenos, que atopan nesta cooperación provincial un instrumento clave para mellorar servizos e infraestruturas”, subliñou o presidente.

Durante a última década, a Deputación destinou máis de 11,7 millóns de euros a Boqueixón, dos cales 7 millóns proceden do Plan Único, co que se financiaron 52 obras e centos de servizos públicos que melloran a vida da veciñanza. Entre as actuacións realizadas destacan as melloras en estradas e camiños municipais (como os de Lamas, Pazos, Cruceiro de Pousada ou Loureda), así como proxectos en alumeado público, redes de saneamento, abastecemento de auga e a reparación do parque infantil de San Vicente de Boqueixón, entre outras.

Post navigation

Previous: Ás carreiras pola Baña para celebrar O samaín
Next: E logo… que foi? Inseguridade

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.