Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Boqueixón

Boqueixón contará cunha quinta casa do maior

O concello de Boqueixón celebra a concesión dunha quinta casa do maior, que se emprazará no local social de Loureiro, na parroquia de Pousada.

boqueixon nova casa do maior 20 ourubro 2026

Boqueixón. 20/10/2026 – O Concello de Boqueixón celebra a concesión dunha quinta casa do maior a unha emprendedora do municipio e que se emprazará no local social de Loureiro, na parroquia de Pousada. Un inmoble ofrecido en setembro de 2025 polo Concello de Boqueixón para acoller unha nova casa do maior que dera servizo á veciñanza de Pousada e das localidades próximas.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, sinala que a apertura desta nova casa do maior en Loureiro “é unha excelente oportunidade para seguir ampliando os servizos de atención ás persoas maiores no noso municipio, facilitando que poidan permanecer na súa contorna habitual, preto das súas familias e da súa veciñanza.

Dende o Concello quixemos colaborar e puxemos a disposición das persoas emprendedoras de Boqueixón os recursos dos que dispoñemos para favorecer a creación deste tipo de servizos e, finalmente, a proposta foi aprobada pola Consellería de Política Social e Igualdade”.

Agora ábrese un prazo de dous meses para que a emprendedora, Adriana Vázquez Fernández, achegue toda a documentación prevista na convocatoria, así como para acreditar a dispoñibilidade do inmoble. A axuda concedida pola Xunta de Galicia ascende a 53.429, 68 euros.

Cinco casas do maior

Con esta nova incorporación, Boqueixón suma xa cinco casas do maior no seu territorio, o que supón un total de 25 prazas para persoas de máis de 60 anos, tendo preferencia aquelas que teñan recoñecidos graos I ou II de Dependencia.

O prezo é totalmente de balde, tanto do servizo como do desprazamento, xa que está financiado pola Consellería de Política Social. O xantar ten un prezo de 7 euros. O seu horario de atención é diúrno, durante 8 horas de luns a venres. Os Servizos Sociais de Boqueixón serán os encargados no seu momento de tramitar as solicitudes de praza na nova casa do maior.

Ademais, é a segunda ocasión na que a colaboración do Concello de Boqueixón resulta fundamental para a posta en marcha deste tipo de iniciativas, xa que en 2025 o Concello cedeu o uso dun local na Casa da Cultura de Camporrapado para que Jessica Moreiro Acebedo e Jessica Lirio, puxeran en marcha “Casa Aloumiños”, na parroquia de Oural. Ese mesmo ano botou andar “Fogar de Lamas”, promovido por Nerea Barreiro Ferreiro no lugar de Outeiro, parroquia de Lamas.

As outras dúas casas do maior operativas no municipio son a “Casa do Maior de Carabán”, na parroquia de Vigo, promovida por Beatriz Mella Pazos a principios de 2024; e a “Casa do Maior Lodeiro”, a primeira do municipio, posta en marcha na parroquia de Loureda pola emprendedora Marta Renda Guillán a principios de 2021.

Post navigation

Previous: A Mancomunidade de Ordes pon en marcha as “Saídas de outono”
Next: Sanción de case cen mil euros á empresa de García Lorca

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.