Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Xeral

VIII Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”

A oitava edición do concurso de fotografía “Paisaxes de Boqueixón” abre o prazo de presentación de orixináis.
boqueixon-concurso-fotografia-paisaxes-slide-25-outubro-2022-(2)_r

Bisbarra, 26 de outubro do 2022 – A oitava edición do concurso de fotografía “Paisaxes de Boqueixón” abre o prazo de presentación de orixináis.

O obxectivo de “Paisaxes de Boqueixón” é fomentar a creatividade e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio. O certame está aberto ao público en xeral e cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías.

As imaxes deberán ser tomadas no municipio de Boqueixón e a súa temática versará sobre aspectos que recollan a riqueza  natural, histórica, cultural e etnográfica do concello. A novidade deste ano está relacionada con condicionantes técnicos: as fotografías deberán presentarse en formato horizontal, cun tamaño mínimo de 2000 x 1500 px (cunha resolución de 150 pp).

Non se admitirán montaxes nin manipulacións das fotografías (salvo que sexan exclusivamente tratamentos de cor ou axustes relativos á calidade ou procesado da imaxe). Como en anos anteriores, non se admitirán fotografías nas que aparezan persoas e as imaxes propostas deberán ser orixinais e inéditas. O prazo de envío das propostas rematará o próximo 24 de novembro.

Premios

O xurado do VIII Concurso de Fotografía Paisaxes de Boqueixón valorará de forma anónima as fotografías en base a criterios de calidade e complexidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e orixinalidade.

A súa decisión será dada a coñecer na primeira quincena do mes de decembro e incluirá tanto a escolla de doce imaxes para o calendario do Concello de Boqueixón para o 2023 como as tres persoas premiadas.

Os premios entregaranse en forma de vales de compra que se poderán canxear en calquera establecemento do municipio. O primeiro premio estará dotado cun vale de 200 €; o segundo, cun vale de 100 €, e o terceiro, cun vale de 50 euros. As persoas que participen deberán cumprir as seguintes bases e enviar as súas propostas a través do formulario dispoñible na páxina web (www.boqueixon.gal).

Post navigation

Previous: Rois levará a LAT que pasa polo Castro Lupario ao Tribunal Superior
Next: Alertan sobre o risco de que Compostela teña que devolver fondos da Edusi

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.