Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón

Boqueixón comeza a construción dunha senda peonil en Codeso

O concello de Boqueixón comeza a construción dunha senda peonil entre os lugares de Rodiño e Codeso.
VisitaSendaRodinhoCodeso01-slide_r

Boqueixón, 24 de maio do 2021 – O concello de Boqueixón comeza a construción dunha senda peonil entre os lugares de Rodiño e Codeso.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, visitou as obras de mellora de seguridade viaria na estrada provincial DP-1201 entre Rodiño e Codeso. Durante o seu percorrido, estivo acompañado por un técnico da Deputación da Coruña e por un responsable da empresa adxudicataria deste proxecto.

Según Munín “Esta actuación permitirá ofrecer unha considerable mellora na mobilidade da veciñanza de ambos os dous núcleos. Trátase dunha vella demanda veciñal, que se vén reclamando dende o ano 2015 e que xa está máis preto de ser unha realidade”.

As obras, financiadas pola Deputación da Coruña, contan cun orzamento próximo aos 230.000 euros e o seu prazo de execución é de seis meses.

Os traballos mellorarán a seguridade viaria nun treito de preto de dous quilómetros e acometeranse en dous tramos. Este proxecto comprenderá a creación dunha senda peonil de 1,8 metros na marxe esquerda que se complementará coa mellora das beirarrúas de 1,5 metros existentes no tramo entre os puntos quilométricos 2+270 e 3+550.

A senda peonil construirase en formigón y contará cunha capa de zahorra en cor. O proxecto contempla, finalmente, os traballos correspondentes á recollida de pluviais, á execución dun colector e a instalación de arquetas e, para a iluminación, á canalización das tubaxes necesarias baixo a senda.

Post navigation

Previous: Músicas na linde, Andrea Pousa
Next: Alcaldes. José Manuel Varela, Val do Dubra

Máis novas

Participantes no campo de traballo monte sacro
2 minutes read
  • Xeral

Campo de voluntariado Monte Sacro

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Vista do Pico Sacro en Boqueixón, onde se celebra o programa Un mes e pico
2 minutes read
  • Xeral

“Un mes e Pico” chega a súa oitava edición

Un momento da cerimonia do Lume agrado no Pico Sacro en Boqueixón
2 minutes read
  • Boqueixón

Un ano máis Boqueixón recolle o Lume Sagrado

Un momento da presentación do documental sobre o Pico Sacro no centro de interpretación do monte
4 minutes read
  • Xeral

Pico Sacro, mitos e lendas

Unha das carrozas gañadoras na festa de San Cidre
4 minutes read
  • Xeral

A LII Festa das Carrozas do San Cidre reúne a centos de persoas no Oural

Imaxe de arquivo dun viñedo
3 minutes read
  • Xeral

A plantación de viñedos ampliarase a Boqueixón

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.