Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

IX Certame de relato curto “Xosé Neira Vilas”

Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, convoca o IX Certame de Relatos Xosé Neira Vilas.
boqueixon-concurso-neira-vilas-slide-17-marzo-2023_r

Bisbarra, 17 de marzo do 2023 – O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, convoca o IX Certame de Relatos Xosé Neira Vilas.

O Neira Vilas ten como obxectivo potenciar a lectura e a promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación. Como novidade, este ano o certame estará aberto a calquera persoa adulta de Boqueixón así como a escolares matriculados no centro educativo do concello. En ambos casos, os traballos deberán entregarse na biblioteca municipal ou no CPI Antonio Orza Couto antes do 21 de abril.

Establécense catro categorías: 3º e 4º de Primaria, 5º e 6º de Primaria, Secundaria e Adultos. Cada participante poderá presentar un único relato, de temática libre. Os traballos serán propios e inéditos, escritos a ordenador (letra Calibri, tamaño 12). O texto entregarase en galego, podendo incluír ilustracións. A extensión mínima é de 40 liñas (1ª e 2ª categoría), 60 liñas (3ª categoría) e 80 liñas (adultos).

Para garantir o anonimato, o relato irá identificado coa categoría á que opta e cun pseudónimo. A ficha de participación cos datos correspondentes irá nun sobre pechado que estará grampado ao texto.

Por cada categoría hai tres premios de 125, 100 e 75€ en vales en libros e material escolar, así como diploma e unha edición do libro de recompilación dos relatos. A entrega dos premios terá lugar nun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

As bases pódense ver na web do concello .

Post navigation

Previous: 27 locais de Compostela forman o “Galicia en Copas”
Next: Melide avanza na pavimentación dos núcleos rurais

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.