займ срочно

O Centro de Interpretación do Pico Sacro abrirá ata outubro

0

Boqueixón, 6 de xullo do 2022 –  O Concello de Boqueixón abrirá o Centro de Interpretación do Pico Sacro, emprazado en Lestedo, ata o mes de outubro.

O Centro abrirá todos os venres, sábados e domingos, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas.

O Centro de Interpretación do Pico Sacro ocupa a antiga casa reitoral da parroquia de Santa María de Lestedo (século XVIII) e constitúe un marabilloso exemplo de arquitectura rural galega. No seu exterior conta cun espazo axardinado cun hórreo e unha fonte de auga fresca que mana directamente do Pico Sacro.

No seu interior, a planta baixa acolle a oficina de turismo de Boqueixón e unha sala de audiovisuais; mentres que na parte alta podemos desfrutar dunha exposición permanente: “O Pico Sacro nos dominios da raíña Lupa”, que chega dun xeito gráfico e didáctico toda a maxia que rodea ao Monte Sagrado.

A exposición está dividida en catro eixes temáticos: “Un fito xeolóxico”, “O lugar do mito”, “O monte sagrado” e “A evolución histórica” distribuídos en torno a unha maqueta do Pico Sacro e a súa contorna.

Visitas guiadas e de balde

Por outra banda, o Concello de Boqueixón continuará un verán máis co seu programa de visitas guiadas de balde a distintos puntos de interese turístico do municipio. “Con esta iniciativa queremos achegar á xente o noso patrimonio natural, histórico e cultural ao público, ao tempo que damos a coñecer e poñemos en valor recursos como o Pico Sacro, o Centro de Interpretación, Ponte Ledesma ou as Ínsuas de Gres”, explica o alcalde, Manuel Fernández Munín.

As visitas guiadas gratuítas correrán a cargo dunha técnica de Turismo do Concello de Boqueixón e o seu percorrido será acordado entre as persoas visitantes e o Departamento de Turismo, podendo combinar os distintos recursos turísticos ou incluír tamén algunha ruta de sendeirismo como o dos Pescadores ou a subida ao Pico Sacro. Iso si, as persoas interesadas nunha visita gratuíta deberán solicitalo previamente a través do e-mail boqueixonturismo@gmail.com ou do teléfono 981 513 061.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies