Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

LI Festa das Carrozas do San Cidre

boqueixon festas NORMAL 15 maio 2025

Boqueixón acolle un ano máis a Festa das Carrozas do San Cidre que se celebrará do 16 ao 18 de maio con proxeccións, música e o tradicional desfile o vindeiro domingo.

Os veciños e veciñas de Oural, en Boqueixón, xa teñen todo listo para celebrar a edición número 51 das Carrozas do San Cidre, cun programa especial para celebrar a súa inminente declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia.

A festa de Camporrapado conta xa co visto bo da Comisión de Turismo de Galicia, polo que so resta a súa aprobación polo Consello da Xunta para que a distinción sexa efectiva e recoñeza este medio século de traballo da veciñanza nas Carrozas do San Cidre.

O programa de actividades deste ano ampliarase con respecto a anos anteriores. A festa dará comezo o venres 16 de maio coa tradicional procesión e misa na honra á Virxe de Fátima, ás 22:00 horas, amenizada polo grupo de gaitas Pena do Corvo.

Unha hora antes, a Asociación das Carrozas de San Cidre organiza unha nova proxección do documental “As Carrozas do San Cidre: costumes, agro e tradición”, que terá lugar na Casa da Cultura de Camporrapado. Trátase dun traballo audiovisual que recompila momentos, anécdotas e recordos que forman parte do máis de medio século de historia desta celebración.

Para o sábado 17 está programada unha sesión vermú co grupo Alaska, tras a misa cantada das 13:00 horas na honra á Virxe do Rosario. Os grupos Eureka e Alaska encargaranse da verbena.

Día Grande

O domingo 18 de maio, ás 11:00 horas terá lugar a tradicional mostra e exposición de carrozas diante do bar “O Nervioso”, que sairán en desfile unha hora despois xunto á Charanga BB+ e á parella de bois co carro.

Uns vehículos nos que os veciños e veciñas de Oural levan semanas traballando, como ben puideron comprobar recentemente o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, que se achegaron xunto ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o concelleiro de Cultura, Gonzalo Redondo Rendo.

Unha visita na que puideron comprobar o minucioso traballo da veciñanza para homenaxear ao patrón dos labregos cunha mostra das distintas tarefas relacionadas cos seus traballos diarios. Cincuenta anos nos que a tradición foi tamén evolucionando, pasando dos carros tirados por vacas ás actuais carrozas movidas por vehículos a motor.

A iso das 14:00 horas coñeceranse as propostas gañadoras do Desfile de Carrozas do San Cidre, coincidindo co pregón da festa da man de Adrián Díaz, presentador da TVG. Previamente, ás 12:00 horas, terá lugar a misa na honra a San Cidre, con tirada de foguetes e actuación da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro. A sesión vermú será amenizada polo Grupo Fussión e a Charanga BB+, acompañando á tradicional degustación de petiscos e viño en cada carroza. 

Pola tarde, a partir das cinco haberá actividades para os máis cativos, con inchables e unha sesión de Zumba Kids da man de Priscilla Dance. Fin de festa a partir das 18:00 horas co Grupo Fussión e a orquestra La Fórmula.

Post navigation

Previous: Sobre o CEIP de Ventín e a súa situación
Next:  Volven a Compostela as Pint of Science

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.