займ срочно

Boqueixón investirá cerca de cinco millóns de euros en luminarias e sendas peonís

0

Bisbarra, 27 de setembro do 2022 – Boqueixón investirá 4,7 millóns de euros na modernización do seu alumeado público con tecnoloxía LED e na creación de 17 quilómetros de sendas peonís.

Sendas e luminarias serán posibles  ao recibir o concello dúas subvencións do programa DUS 5000 do Ministerio para a Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico por 3.913.640 euros. Boqueixón engade a esta cantidade 773.760 euros máis de fondos propios.

O alcalde, Manuel Fernández Munín explica que “Con estas inversións melloraremos a calidade de vida da veciñanza, tanto polo aforro en custes enerxéticos como polo incremento dos itinerarios peonís de cara a conseguir uns hábitos de vida máis saudables”

Mellora do alumeado

Boqueixón levará cabo a modernización da súa rede de alumeado público mediante un sistema de telexestión e a substitución das luminarias coa incorporación da tecnoloxía LED.

Concello pretende reducir a contaminación lumínica e ambiental, así como aforrar en custes ante a suba dos prezos da enerxía, mediante a substitución da totalidade dos puntos de luz de alumeado público por un sistema LED máis eficiente. Actualmente, os núcleos de O Forte, Camporrapado, Ponte Ledesma e Ardesende xa dispoñen desta tecnoloxía LED na súa de rede de alumeado. O proxecto irá acompañado dun sistema de telexestión que permitirá un control directo sobre as luminarias. 

Sendas peonís

Por outra banda, Boqueixón executará, grazas aos fondos, 11 actuacións que suporán a creación de 17 quilómetros de sendas peonís en distintos puntos do municipio. A partir deste momento, o Concello ten que redactar os proxectos nos que se definirán os itinerarios concretos das sendas.

Fernández Munín engade que “a execución das sendas peonís supón a ampliación de viarios xa existentes e, nalgúns casos, a cesión por parte da veciñanza para que se poidan executar esas ampliacións. Nos próximos meses redactaranse os proxectos e iremos presentándollos aos veciños e veciñas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies