займ срочно

Boqueixón convoca axudas para as entidades sen ánimo de lucro do municipio

0

Bisbarra, 22 de agosto do 2022 – A Xunta de Goberno Local de Boqueixón aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro fixadas no municipio.

Destinaranse ata 16.000 euros a esta acción, sendo 1.000 euros o importe máximo que poderá percibir cada una das entidades.

O obxectivo principal de promover e dinamizar a participación da veciñanza e do tecido asociativo a favor dos intereses do municipio. O modelo de axudas é do concorrencia competitiva.

Casa do concello de Boqueixón

A tramitación desta subvención será integramente telemática a través da sede electrónica do concello polo que a documentación terá que vir asinada dixitalmente estando o/a presidente/a da asociación en posesión do certificado dixital de representante da entidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a computar dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP. No caso de finalizar en día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato día hábil posterior.

A solicitude será presentada polo representante legal da entidade ou persoa en quen delegue e a persoa que ocupe ese cargo terá que constar como tal no Rexistro Municipal de Asociacións.

As solicitudes terán que cubrirse nos modelos normalizados que figurarán na sede durante o prazo de presentación de solicitudes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies