займ срочно

Boqueixón aproba o orzamento de 4,2 millóns de euros para este ano

0

Bisbarra, 10 de marzo do 2023 – O concello de Boqueixón aprobou en pleno o orzamento 2023 que ascende a catro coma dous millóns de euros.

O orzamento supón un incremento de máis do dezasete por cento con respecto ao do ano pasado. O concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias, foi o encargado de resumir os principais puntos das contas destacando os investimentos en servizos sociais.

Iglesias falou das contas como de un documento vivo que se irá adaptando “en función das necesidades e das subvencións que vaiamos conseguindo xa que o Concello de Boqueixón conta con remanentes que nos permiten tanto facer fronte á nosa parte dos convenios como acometer con fondos propios calquera actuación que sexa necesaria”.

Principais apartados do orzsmento

O capítulo de inversións de 2023 recolle os 124.865,05 euros correspondentes ao POS+, se ben Iglesias lembrou que “temos aprobado dous proxectos do Programa DUS 5000 por valor de 4,6 millóns de euros para completar o cambio a LED de todas as luminarias do municipio e a construción de máis de 17 quilómetros de sendas peonís, dos que o Concello terá que achegar 703.000 euros”.

Iglesias exemplificou esta situación cos datos do orzamento de 2022 que “con 3,5 millóns nin sequera recollían as inversións do POS pero, coas dúas modificacións que fixemos, se executaron investimentos en Boqueixón por un importe de 1.484.000 euros en infraestruturas, parques infantís, e melloras no parque empresarial de Camporrapado”.

Os orzamento de Boqueixón para 2023 recollen 750.000 euros para atención social, 200.000 euros máis co exercicio anterior. Tamén se recollen 8.000 euros en axudas para o fomento da natalidade, 15.000 euros para as axudas a actividades do tecido asociativo, 91.000 euros para limpeza escola ou os 30.000 euros por se fora preciso externalizar o contrato de recollida de residuos sólidos urbanos no último trimestre de ano.

Finalmente, as contas manteñen as mesmas cifras na previsión de ingresos por impostos directos e indirectos cos de 2022 e 2021, e non contemplan incrementos nas taxas municipais, se ben están previstos maiores ingresos derivados do imposto de construción. “Nos dous primeiros meses de 2023 se ten ingresado 26.400 euros. Non vai ser algo lineal pero agardamos que sexa o inicio dunha campaña interesante”, apuntou José Manuel Iglesias.

No apartado de gastos, e a pesar de recoller un incremento do 4% nas retribucións ao persoal, os gastos de persoal perden peso con respecto ao resto do orzamento: se representaban o 40,7% do gasto de 2020, serán só do 35,01% no 2023. Así mesmo, reducirase a partida para retribucións dos órganos de Goberno pola xubilación de Jesús Sanjuás, concelleiro de Servizos Xerais, Seguridade, Medio Ambiente, Vías e Obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies