займ срочно

Alertan sobre unha nova estafa telefónica

0

Bisbarra, 10 de novembro do 2022 – O concello de Boqueixón alerta dunha posible estafa telefónica e advirte que non está a realizar ningún tipo de enquisa.

Casa do concello de Boqueixón

O Concello tivo coñecemento de que persoas descoñecidas se están facendo pasar por empregados municipais que elaboran unha enquisa sanitaria. Trátase dunha estafa coñecida como vishing na que contactan persoas de idade avanzada, e tratan de gañarse a súa confianza para que lle faciliten os seus datos persoais.

O concello pídelle á veciñanza que reciba este tipo de chamadas que non faciliten ningún tipo de dato persoal e poñan a situación en coñecemento do Concello de Boqueixón (981 513 061) ou da Garda Civil (981 503 051).

Nas estafas detectadas tentan conseguir o número de conta bancaria. Si iso non é posible, mesmo chegan a asegurar que visitarán a vivenda da persoa para entregarlles un material e cobrarlle uns cartos.

A todas as persoas que teñan recibido algunha chamada semellante nos últimos días, o Concello de Boqueixón recoméndalles que chamen canto antes á Garda Civil e acheguen toda a información da que dispoñan para tratar de dar cos presuntos estafadores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies