займ срочно

Astronomía e rutas guiadas devolven a actividade ao Pico Sacro

0

Bisbarra, 29 de agosto do 2022 – O concello de Boqueixón segue enchendo de actividades o Pico Sacro e prepara unha noite de observación astronómica e unha ruta guiada.

Vista desde o cumio do Pico sacro

A primeira cita no Pico sacro será o sábado 3 de setembro ás 21:30 horas. Os amantes da astronomía poderán observar a Lúa crecente, Xúpiter, Saturno e estrelas dobres. A xornada estará guiada polos integrantes do equipo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC.

Trátase dunha actividade gratuíta organizada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller e Turismo de Galicia –dentro do programa O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño, O teu Xacobeo–.

As persoas interesadas en participar deben anotarse no Departamento de Cultura, no 981 51 31 15.

Ruta guiada

Ao día seguinte, o domingo 4 de setembro, o Concello de Boqueixón ten planeada unha ruta guiada gratuíta baixo o nome de “Unha volta ó Pico”. A saída está prevista para as 9:30 horas desde a igrexa de Santa María de Lestedo.

As persoas que participen terán ocasión de visitar o Pico Sacro, o antigo cemiterio de Lestedo e a igrexa da Granxa. O itinerario rematará no campo da feira de Lestedo e terá unha duración aproximada de 3 horas. Para ampliar esta información, poden contactar co 981 513 061.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies