займ срочно

Denuncian o abandono da Casa da Carixa en Vila de Cruces

0

Bisbarra, 11 de novembro do 2022 – O BNG de Vila de Cruces denuncia o estado de abandono no que se atopa a Casa da Carixa e falta de cumprimento dos acordos tomados en pleno hai un ano.

A Casa da Carixa foi mercada no 2018 polo anterior goberno do Partido Popular. Trátase dunha construción circular adaptada como vivenda e que se pretendía dedicar a un centro de promoción turística e aulas didácticas para cativos.

Esa proposta nunca se realizou e hai un ano o BNG presentou en pleno unha iniciativa para o uso de distintas instalacións públicas en desuso. Unha das propostas era a Casa da Carixa, para que fora usada polas asociacións que o precisasen.  A proposta foi aprobada por unanimidade.

Os nacionalistas denuncian que na actualidade, un ano despois, a proposta nunca foi levada á práctica e as instalacións están abandonadas. Mesmo pódese atopar a Carixa cunha fiestra aberta e a luz acendida todo o tempo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies