Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Teo
  • Xeral

Volve a debaterse o trazado en Teo da AG-59

O BNG levou unha vez máis ao Parlamento o trazado da AG-59 ao seu paso polo concello de Teo e que afecta tamén ao concello da Estrada.
bng-parlamento-ag-59-slide-normal-3-outubro-2022_r

Bisbarra, 3 de outubro do 2022 – O BNG levou unha vez máis ao Parlamento o trazado da AG-59 ao seu paso polo concello de Teo e que afecta tamén ao concello da Estrada.

Os nacionalistas consideran que o actual trazado da AG-59 é unha “agresión”. A parlamentaria Montserrat Prado critica que non se modifique un trazado tremendamente lesivo para o patrimonio, a paisaxe, os sectores produtivos e a convivencia

Prado di que  “O PP ten que explicar a que intereses serve ao empeñarse en seguir adiante cun trazado da AG-59 que destrúe patrimonio etnográfico, cultural e paisaxístico, arrasa roteiros e terreos agrarios e divide parroquias”. A deputada nacionalista defendeu unha proposición non de lei no Parlamento para modificar o trazado, tal e como tamén reclama a propia veciñanza, os colectivos afectados e os sectores produtivos, porque “a construción dunha infraestrutura non pode ser a costa de graves afectacións, non pode significar o arrase do territorio e do noso patrimonio”, advertiu.

A proposta do Bloque pasa por retirar o actual proxecto de trazado do subtreito de ampliación da AG-59 entre A Ramallosa (no concello de Teo) e Rollo (no concello da Estrada) e elaborar un novo “que non supoña este nivel de agresión”, para o que tamén propuxo a realización dun catálogo exhaustivo e pormenorizado de todos os elementos medioambientais, patrimoniais, produtivos e residencias, co obxectivo de evitar a súa afectación no novo trazado.

Neste sentido, recordou que o trazado actual non só afecta a un espazo protexido, o sistema fluvial Ulla-Deza da Rede Natura, senón tamén a patrimonio etnográfico de enorme importancia cultural, como os Muíños do Vea, e “arrasa” terreos agrarios en ámbolos dous concellos, en especial en Cora, onde se concentran varias explotacións agrogandeiras que verán diminuída a súa base produtiva.

A isto sumou a afectación de múltiples bens patrimoniais no val de Santa Lucía, a do Camiño da Geira e dos Arrieiros (que descorre entre Braga e Santiago de Compostela e que foi posto en valor pola asociación Codeseda Viva) e tamén a división de parroquias, o que implica un impacto tamén sobre a súa habitabilidade, xa que o trazado discorre moi preto das casas en lugares como no Rollo.

A deputada nacionalista advertiu que o trazado deste proxecto “non está pensado para dinamizar a economía de ambos concellos senón que, ao contrario, afecta gravemente á mesma, nin sequera comunica o polígono industrial de Toedo e, por se fose pouco, supón un problema de seguridade vial xa que este subtreito remata nunha forte pendente na recta de Baloira”.

Post navigation

Previous: Autorizado o selado do vertedoiro de Miramontes
Next: Reclaman o remate da depuradora do Pino, prevista desde hai catro anos

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.