Padrón, 7 de xullo do 2017 – O Bloque Nacionalista Galego de Padrón ven de presentar un escrito para reclamar a limpeza dunha finca situada no lugar de A Ponte situada fronte a escola unitaria.
Según explican os nacionalistas a finca está nunha situación da abandono hai moito tempo.
A día de hoxe presenta un aspecto selvático, cunha árbore de gran porte no medio dela e totalmente cuberta de maleza e silveiras que chegan ate a pista.
A finca fai de refuxio e criadeiro de todo tipo de fauna, chegando a atoparse culebras nas súas inmediacións.
Os veciños de A Ponte e especialmente as nais e pais dos alumnos da unitaria de A Ponte levan sufrindo esta situación longo tempo sen que dende o Goberno Municipal de PP-PGD se fixera nada polo que se reclama que de unha vez por todas sexa limpada.