Padrón, 26 de agosto do 2017 – O BNG de Padrón ven de presentar un escrito no concello reclamando a limpeza dos contedores subterráneos pola sucidade do seu entorno e o cheiro que desprenden.
Para os nacionalistas “os problemas cos contedores subterráneos foron e son constantes. Desde a súa instalación, a inundación dos mesmos e as diversas avarías resultaron e resultan moi custosas para as arcas municipais”.
O BNG explica que ademais dos problemas técnicos e económicos, os contedores desprenden un fedor insoportable debido aos residuos en descomposición que se acumulan no depósito soterrado e tamén nas súas inmediacións na superficie. O grupo nacionalista engade que “a improvisación do goberno P.P+PGD é tal que no contrato coa actual empresa de recollida de lixo (contrato de 23 días, xa excedido en máis dous meses), exclúe explicitamente a limpeza dos contedores soterrados”.
A situación foi denunciada tamén polos veciños que viven no entorno dos contedores para os que supón un constante problema. Outra das queixas e imaxe que deixan nos peregrinos do Camiño Portugués que pasan pola vila.
O BNG de Padrón reclama a limpeza inmediata e urxente dos contedores e a súa desinfección por unha cuestión de salubridade e imaxe.
Os nacionalistas no escrito propoñen tamén que os orzamentos contemplen unha partida específica para o mantemento dos contedores mentres non se atope unha solución definitiva.