[columns]
[column size=”1/2″] Os nacionalistas de Ordes mantiveron unha reunión con parte do comite de empresa para coñecer de primeira man a situación na que se atopan.
[/column]
[column size=”1/2″]Fonte: BNG de Ordes[/column]
[/columns]
Ordes, 23 de outubro do 2016 – O BNG de Ordes reuniuse cunha parte do comité de empresa de Viriato e cunha véntena de traballadoras e extraballadoras, para coñecer de primeira man a situación na que se atopan. Á reunión tamén acudiu o deputado do parlamento galego pola provincia da Coruña , Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”.
O colectivo amosou a súa preocupación polos postos de traballo, cifrados actualmente en 120 entre tendas e fábrica, e pola débeda da empresa, colectivo que acumula mais de catro meses de débeda no seu salario. Tamén reflicten o nerviosismo pola paralización na fabricación das prendas ante a falta de subministro de materias primas, manifestando que existe carga de traballo que finalmente acaba rexeitándose ante a imposibilidade material de cumprir co encargo.
No tocante ás extraballadoras de Viriato, manifestan que a empresa leva desde o mes de xullo sen cumprir cos pagos pactados no ERE.