Ordes, 21 de setembro do 2017 – O BNG de Ordes considera as actuacións da Xunta de Galiza dos últimos anos en Ordes como maltrato educativo polas, según os nacionalistas, políticas de recortes levadas a cabo no municipio.
O BNG de Ordes considera que o peche de todas as escolas unitarias do concello nos últimos anos pode considerarse maltrato educativo.
Os nacionalistas tamén lembran que no curso 2015-2016 o CEIP Mesón do Vento viuse forzado a unificar os niveis 5º e 6º nun só grupo perante a falta de profesorado.
Nas últimas datas, o retraso na dotación de profesorado ao CEIP Campomaior tivo como consecuencia que un dos grupos de 4º de infantil ficase sen titor case dúas semanas.
O portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, tacha de “intolerable” o acontecido nos últimos anos e acusa ao alcalde do concello de Ordes de “adoptar un silencio leal e cómplice cara as agresións que o PP está a exercer en materia educativa no concello de Ordes desde a Xunta de Galiza”.