Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Denuncian o derrube de balos no Camiño Inglés ao seu paso por Ordes

O Bloque Nacionalista Galego de Ordes denuncia a caída de balos no Camiño Inglés e culpan ás intervencións realizadas en outubro.
bng ordes caminho ingles 26 decembro 2022 (1)

Bisbarra, 26 de decembro do 2022 – O Bloque Nacionalista Galego de Ordes denuncia a caída de balos no Camiño Inglés e culpan ás intervencións realizadas en outubro.

O BNG tacha de “agresión” as intervencións efectuadas no Camiño Inglés no pasado mes de outubro. Explican que os derrubes producidos impiden o tránsito e forman acumulacións de auga no trazado.

As intervencións foron realizadas pola Axencia de Turismo de Galicia. O BNG as cualificou en aquel momento como unha agresión e as consideraron “innecesaria nun dos poucos tramos nos que se conserva a corredoira cos seus valos e arborado autóctono”

Ante o estado que presenta o citado tramo do Camiño Inglés, o BNG de Ordes a través do seu portavoz Pablo Vidal, ven de rexistrar unha moción no concello esixindo ao goberno da Xunta de Galiza “a depurar responsabilidades e levar a cabo as medidas precisas para que esta situación non volva a repetirse nunca mais”.

Na iniciativa, os nacionalistas tamén procuran convidar á “Asociación de Concellos do Camiño Inglés, a posicionarse sobre o acontecido”. A este respecto, Vidal apunta que “somos conscientes de que a responsabilidade recae na Xunta de Galiza, pero cremos que a imaxe e lexitimidade da asociación quedaría seriamente danada si se deixa de lado a defensa do referente turístico e patrimonial que supón o Camiño Inglés”.

Segundo opina Pablo Vidal, o acontecido seguramente teña orixe en que “as obras debilitaron as bases dos valos pola retirada dos materiais existentes, problema que se agravou ao conducir as augas a través das canalizacións efectuadas próximas ás bases dos valos e que seguramente provocaron o arrastre de mais material”.

Así mesmo, o portavoz do BNG de Ordes lamenta que “estamos a falar da destrución dun dos elementos mais destacados do patrimonio do noso concello, de moi difícil recuperación, e que levaba moitos anos sen acusar problemas no seu estado natural”.

Post navigation

Previous: Continúan os problemas no Psiquiátrico de Conxo
Next: José Ignacio Domingo Regidor gaña o XXXII Premio Literario Camilo José Cela

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.